Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015/2016 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015/2016 b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 29 de maio de 2016
xoves, 19 de maio de 2016
O VOSO LIBRO VIAXEIRO
O LIBRO VIAXEIRO que acompañou a Lorenzo co seu cazo e a maleta está de volta na biblioteca. Podedes lelo e emocionarvos co voso traballo e o dos vosos compañeiros na sala de lectura ou tamén en calquera parte, porque o temos aquí mesmo dixitalizado!
Quedouvos espectacular! Un traballo incrible!
mércores, 18 de maio de 2016
CARREIRAS POLA INTEGRACIÓN
Dende a Biblioteca queremos animarvos a todos a participar nos seguintes eventos:
I Carreira pola integración que se levará a cabo en Vigo (domingo 29) . Podedes atopar máis inforamción no seguinte enlace:
I Carreira pola integración que se levará a cabo en Vigo (domingo 29) . Podedes atopar máis inforamción no seguinte enlace:
"ENKI es un proyecto social para la integración y visualización de colectivos y personas con diversidad funcional.
Carrera lúdica de obstáculos, abierta a la participación de todos los públicos, edades, con o sin diversidad funcional. 2,5km de obstáculos, pruebas, juegos de colaboración y sobre todo mucha diversión. El ganador no será el más rápido, sino el equipo más divertido, mejor disfrazado o el más numeroso.
Una fiesta a favor de la inclusión.
El 100% de los fondos recaudados serán destinados a favor de los colectivos que luchan por y para la defensa de las personas con discapacidad y su integración a través de la práctica de actividades deportivas."
En Coruxo celebrarase o Terceiro "Coruxo móvese" o 5 de xuño. Podes atopar máis información nos seguintes enlaces:
Porque este ano e sempre... VIVIR A DIFERENZA, GARANTIR A IGUALDADE!
xoves, 12 de maio de 2016
O MONSTRO DE CORES, POR 3ºA
Só temos palabras de agradecemento para o alumnado de 3ºA, que o pasado mércores 4 representou ata en sete ocasións a súa adapatación ao teatro de "O monstro de cores", o libro de Anna Llenas que todos coñecemos. Case todo o cole puido velos e sentir a rabia, o medo, a ledicia, o amor, a calma ou a tristeza que o monstro sinte no libro. Pero é que eles foron máis lonxe e nos amosaron tamén o que era o aburrimento, a vergoña e o nerviosismo. Foi verdadeiramente EMOCIONANTE.
Sodes uns artistas! Grazas e noraboa!
A que tes ganas de volver velo?
Podedes atopar o libro no andel 17, de cor azul e con este picto:
martes, 10 de maio de 2016
O CAZO DE LORENZO, A PELI
Ola compas!
Lorenzo e o seu cazo xa percorreron todo o cole. Xa coñece a cada un de vos e sabe canto traballades e como vos gustou ler os libros que levaba na súa maleta. Encantoulle esta excusión que comezou xa en novembro e acaba de rematar agora. Lorenzo, a súa maleta e o seu diario de viaxe xa están comigo aquí na biblio. Pronto todos poderemos ler as súas peripecias.
Mentres aquí podedes ver a animación do noso libro favorito. Se premedes no enlace ademais atoparedes información sobre quen o levou a gran pantalla. Gozade con el! Vémonos pronto!
martes, 3 de maio de 2016
LINGUA DE SIGNOS EN BIBIOROBIÑO
O pasado xoves, día 28 de abril, os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron a oportunidade de aprender un pouco a lingua de signos grazas a Rincón del Signo que viñeron á biblioteca. Practicamos o alfabeto dactilolóxico, as cores, algunhas palabras e os animais do conto "A que sabe a lúa?, que nos interpretaron en lingua de signos. Aquí podédelo ver todos.
Se estades interesados na lingua de xordos lemabrade que o noso himno da diversidade "Eu teño alguén no meu corazón" está interpreado nesta lingua. Os enlaces que tedes a continuación serviranvos para coñecer mellor esta forma de comunicarnos.
No andel de Lorenzo da biblioteca tedes unha colección de contos con DVD no que podedes tamén ver o conto en lingua de signos.
Espero que toda esta información sexa do voso interese!
Moitas grazas por lerme, Robiño
xoves, 28 de abril de 2016
VÀO TAI NÀY, RA TAI KIA!
Durante a semana da multiculturalidade tamén practicamos idiomas. Matías Hieu e os compañeiros de 3ºC leron
VÀO TAI NÀY, RA TAI KIA!,
un libro en vietnamita aos seus compañeiros de 3º A e B e aos nenos de 2º. Se non tiveches a sorte de vivilo en directo, entra no seguinte vídeo e descubre o que significa.
Moitas grazas, clase!
A RATIÑA PRESUMIDA
Durante a Semana da Multiculturalidade o papá de Nico e as nais de Ari e Isabella, da clase 6º de infantil B agasalláronnos cun teatro de títeres onde nos ensinaron diferente animais e ritmos latinos: pericón, jaropo, tango, calipso ou ballenato forn algún deles. Se queredes gozar do espectáculo aquí está para compatir con todos vós!
TARDE DE XOGOS EN BIBLIOROBIÑO
O pasado mércores día 20 a nai de Yulia, unha rapaza de 6º, visitou a biblioteca da escola para invitar aos nenos lectores facer uns xogos. Pasáronno fenomenal. Se non o credes mirade as fotos!
Algo máis estase a cocer para o vindeiro mércores, día 4 de abril.
GRAZAS!!!
martes, 26 de abril de 2016
UN CABALO NA ESCOLA!! GRAZAS, ALEJANDRO!!
Hoxe visitounos Alejandro Nande e Poca Pena....
Alejandro Nande Iglesias naceu en Nigrán fai 36 anos cunha visión reducida, ata un 80% de afectación, pero isto non lle impide en ningún momento deixar a súa paixón...os cabalos. Práctica e compite en doma clásica e da clases de hípica. Proclamouse campión de España na modalidade de doma clásica en cabalos de máis de 5 anos. O seu obxectivo é chegar aos seguintes xogos olímpicos. Poca Pena, o seu cabalo lusitano, ten sete anos e é o seu fiel compañeiro de viaxe.
domingo, 17 de abril de 2016
PRESENTACIÓN DA SEMANA DA MULTICULTURALIDADE
Ola!
Aquí vos deixo un pequeno vídeo con todas as fotos da presentación da nosa semana! Moitas grazas ao ANPA, porque ímolo pasar fenomenal!
Aquí vos deixo un pequeno vídeo con todas as fotos da presentación da nosa semana! Moitas grazas ao ANPA, porque ímolo pasar fenomenal!
xoves, 14 de abril de 2016
UNHA ESCOLA, UN MUNDO
Ola,
A semana do 18 ao 22 de abril está cargadiña de actividades! Pero non como as que facemos todos os días, non. Serán DIVERSAS. Máis concretamente... MUNDIALMENTE DIVERSAS! CULTURALMENTE DIVERSAS!
Non me explico nada ben. A ver, que vos conto.
Dende setembro estamos descubrindo no cole que todos somos diferentes: diferentes no noso aspecto físico, na nosa maneira de pensar e de facer as cousas, nas nosas capacidades e formas de ver e interpretar o que nos rodea. Diferentes sentimentos, diferentes familias, diferentes formas de querer e amar, diferentes idades... e a través destas diferenzas, que nos fan únicos e xeniais, facémonos tolerantes, respetuosos e decatámonos de que podemos aprender moito de todos os nosos compañeiros e compañeiras.
E precisamente para aprender, entender e tolerar, moitas familias do cole que naceron ou viviron no estranxeiro, durante esta semana virán á escola a compartir un pouco da súa historia, da súa cultura ou da súa lingua. Cociñaremos, bailaremos, cantaremos e escoitaremos.
Temos que agradecer ao ANPA e a todas as familias colaboradoras o seu tremendo esforzo para que todos poidades gozar desta... SEMANA DA MULTICULTURALIDADE
Hoxe venres 15, despois do recreo Elisa e Bibi, representantes das nais e pais do cole, presentarannos unha gran bola do mundo para que saibamos que países coñeceremos un pouco máis a fondo.
Xunto con esta carta tamén recibistes algún libro nunha mochila azul que seguro vos deu algunha pista do que tiñamos preparado. Robiño non esquece que o día 23 é o día do libro, que este ano estará adicado no noso centro aos libros de diferentes culturas que temos na biblio. Podedes lelos nas horas de ler esta semana e intercambialos con outras clases cando os rematedes.
Que o pasedes ben!
mércores, 13 de abril de 2016
UNHA VISITA MOI ESPERADA
Bo día! A verdade é que en BIBLIOROBIÑO sempre están acontecendo cousas!
Esta semana o alumnado de 5º recibiu na biblioteca a Alicia Borrás Sanjurjo, autora de Nata y Chocolate, que foi o primeiro libro que leron os membros do clube de lectura. Alicia Borrás naceu en Vigo onde traballa como profesora de teatro, actriz de dobraxe e escritora. Coa súa obra Versos graciosos, sabrosos y jugosos quedou finalista do Premio Lazarillo de Creación literaria.
O alumnado quedou moi contento coa súa visita, e ela tamén, xa que os membros do clube de lectura lle tiñan preparado unha bonita homenaxe. Vós tamén podedes gozar dela:
Ao finalizar a charla catro locutores de Radio Vilameán grabáronlle a estrevista que escoitamos no patio o mércores 4 de abril.
venres, 8 de abril de 2016
SALON DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Un ano máis, e xa van 17, o lobo dos contos ORBIL, estará no Pazo da Cutura de Pontevedra durante o Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Entra no enlace para ter toda a información e ANIMÁDEVOS A IR!
http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx
luns, 4 de abril de 2016
E OS GAÑADORES SON...
Que alegría! Que ledicia! Que ben me sento cando vos vexo a todos no patio para ocasións especiais coma a do venres 1 de abril, día no que Marián fixo de mestra de cerimonias para entregar o agasallo aos tres premiados: Martín Rey, Martín Reboreda e Mateo Da Rocha, de 4ºA. O traballo que fixeron para a nosa cabeceira é alucinante, como xa podedes ver. Aquí nos explican como o fixeron:
Moitas grazas a todos polo voso traballo e dedicación! Vémonos no próximo concurso e... NORABOA AOS PREMIADOS!
martes, 29 de marzo de 2016
ESPERANDO AO GAÑADOR OU GAÑADORA...
Ola!
Seguro que moitos de vós estádesvos a preguntar cando vou anunciar cal é o traballo gañador. Será axiña. Tan pronto como o sol nos deixe RADIO VILAMEÁN fará o anuncio!
Mentres, aquí tedes algunha fotiño recopilatoria do que me fixestes.
Seguro que moitos de vós estádesvos a preguntar cando vou anunciar cal é o traballo gañador. Será axiña. Tan pronto como o sol nos deixe RADIO VILAMEÁN fará o anuncio!
Mentres, aquí tedes algunha fotiño recopilatoria do que me fixestes.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
luns, 28 de marzo de 2016
DÍA DA MULLER EN BIBLIOROBIÑO
O martes no noso centro recibimos visitas moi especiales. Era o día da Muller Traballadora e Robiño concertou tres citas moi especiais.
Unha delas ben ao cole todos os días, tratábse de Cristina Fernández Piñeiro, profesora de 4ºA. Outra tamén ben moi a miúdo ao cole, Rosi, nai de Noa e Anxo Couso, dous compañeiros de infantil. E por último, pero non menos importante, Albino, home tecedor do Val Miñor. Seguide lendo, que vos conto porque lles fixemos esta pequena homenaxe. Aínda que se escoitastes RADIO VILAMEÁN ese día seguro que xa o saberedes!
Cristina Fernández Piñeiro
Loitadora, mestra, comprometida, amiga, nai, traballadora pero sobre todo MULLER!!!
Os alumnos de 4°, 5° e 6° celebraron o Día da Muller traballadora cun pequeno homenaxe a unha figura moi recoñecida no mundo deportivo do balonmán. Ela foi árbitro internacional ata a súa retirada no ano 2007. No seu palmarés atopamos 6 finais do rei masculino e 6 finais da raíña femininas, campionatos e liga internacionais en Turquía, Dinamarca, Alemania, Eslovaquia, Hungría, China, Costa de Marfíl....e poderíamos citar moitísimos países do mundo. Tivo a honra de levar a antorcha olímpica nos xogos olímpicos de Barcelona 1992.
Conviviu nun mundo de homes nun momento complicado para as mulleres e abriu a porta para que otras seguiran as súas pegadas. Todo un referente entre as mulleres e temos a sorte de tela na nosa escola pública!!!
Aquí podedes ver algunhas das entrevistas que lle fixeron na televisión galega e na televisión española. Tamén a podedes ver levando a antorcha olímpica!!!
ROSI PEREIRA GONZÁLEZ
Rosi traballa no parque de bombeiros de Nigrán. É bombeira! Os nenos e nenas de infantil estiveron con ela na biblioteca e contounos unha historia dunha nena da que se rían os seus compañeiros cando lle decían que quería ser bombeira. Seica pensaban que as mulleres non podían ser bombeiras! Pero Rosi viu para demostrarnos que as mulleres, igual ca os homes poden traballar naquilo que se propoñan, sempre e cando loiten por conseguilo. Tamén nos contou que traballos fan os bombeiros, como son os seus traxes e ata viu o coche de bombeiros. Aquí tedes algunhas fotos:
ROSI, BOMBEIRA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
ALBINO
Os alumnos e alumnas de de 1º, 2º e 3º recibimos a visita de Albino, unha persoa polifacética. Que quere dicir este “palabro”? Quere dicir que lle gusta facer moitas cousas.
Albino contounos que traballa con FÍOS, é tecedor. Trouxo un tear vertical para que miraramos que é TECER. Como tivemos moi pouco tempo invitounos a visitar o seu taller de Gondomar onde hai un montón de teares.
Albino
díxonos algo moi importante:
“ Unha persoa poder ser o que quere ser se loita
por conseguilo”.
Cando el era pequeno quería aprender a ganchillar, a calcetar,
a coser, cociñar, etc. A súa, avoa e a sua mami non querían ensinarlle por
que dicían que era COUSA DE NENAS!! A
pesar disto conseguiu o que quería e agora sabe facer todas esas cousas:
cose, cociña, tece, etc.
domingo, 13 de marzo de 2016
ARTUR E CLEMENTINA, POR 2ºB
Para rematar a semana da Muller Traballadora, os nenos e nenas de 2ºB presentáronnos o seu traballo sobre Artur e Clementina. O venres na hora de ler o alumnado de 5 anos, 1º e 2ºA tivo a sorte de asistir á presentación do seu vídeo.
Primeiro nos fixeron unha pequena introducción de como o fixeran: leron o conto varias veces, fixeron un cásting de voces, grabaron as voces, fixeron os bonecos e o decorado con plastilina, pedras, plantas, papel... E despois sacando fotos e montando todo o traballo fixeron esta bonita película do conto da escritora Adela Turini.
Aquí podedes velo.
Que vos parece? O venres resolvéronnos algunhas dúbidas de como o montaran. Seguro que se ti tes algunha e a escribes nos comentarios enseguida resolverancha!
martes, 8 de marzo de 2016
ROSALÍA NA ESCOLA
O prometido é débeda!
Díxenvos que axiña poderiades ver os vosos carteles do DÍA DE ROSALÍA e aquí están!
domingo, 6 de marzo de 2016
CURTAS POLA IGUALDADE
Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, como xa vos dixen o pasado venres, en BIBLIOROBIÑO durante esta semana na hora do recreo, poderedes ver vídeos como estes que están a continuación! Anímate a vir e a deixar os teus comentarios do que che parecen!
HAY ALGO MÁS ABURRIDIDO QUE UNA PRINCESA ROSA?
CORRE COMO UNA NIÑA
EL PRÍNCIPE CENICIENTO
SUPERLOLA
RILEY EN CENTRO COMERCIAL
ROSA CARAMELO
UNA FELIZ CATÁSTROFE
ANDALUNA Y SAMIR
SANDRA DETECTIVE DE CUENTOS
SANDRA DETECTIVE DE CUENTOS
IGUALDAD DE GÉNERO
UNA BLANCANIEVES DIFERENTE
EL ABECEDARIO DE LAS PROFESIONES
LAS TAREAS DEL HOGAR
QUE QUERÉIS SER DE MAYORES?
BEBE "MALO ERES"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















