Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 20 de maio de 2020
mércores, 22 de abril de 2020
EU SIGO LENDO NA CASA
Aínda que estemos en confinamento non hai que esquecer que é moi importante seguir lendo, esta é unha época xenial para adicar todos os días un tempo á lectura que nos fai soñar e viaxar a onde queiramos.
martes, 21 de abril de 2020
Semana do libro
Esta semana que sempre era tan apaixoante no noso cole témola que vivir en confinamemto, pero eso non impide que leamos moitos contos e que poidamos facer algunha cousa relacionada coa lectura desde a casa.
Aquí vos deixamos un vídeo que grabaron unha nena do noso cole e a súa nai moi pero que moi fermoso.
Esperamos que vos guste!!!
martes, 30 de abril de 2019
luns, 29 de abril de 2019
CONTACONTOS EN INGLÉS
Durane a semana do libro, na hora do recreo, o alumnado de 4º xunco coa especialista de inglés expuxéronnos uns CONTACONTOS EN INGLÉS.
FOI TODO UN ÉXITO E O FIXÉRONO XENIAL!!!!!
PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!
venres, 26 de abril de 2019
MOUCHOTROCO
Levamos xa dúas semanas recollendo os vosos libros para facer hoxe o troco coa nosa moeda especial que Bibliorobiño puxo en funcionamiento:
O MOUCHOTROCO
Así lucen os vosos libros, que están desexando aterrar nun novo hogar para ser lidos de novo.
xoves, 10 de maio de 2018
ASÍ FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO!
O día do libro é un día moi especial para a nosa biblioteca. Este ano, xunto cos nosos padriños, madriñas e afillados pensamos no que máis nos gusta de ler e entre todos fixemos un mural. Ademais compartimos lecturas e diversión.
Na biblioteca tamén apareceron uns libros misteriosos que moitos de nós levamos a casa. ti levaches algún? CÓNTANOLO!!!
Na biblioteca tamén apareceron uns libros misteriosos que moitos de nós levamos a casa. ti levaches algún? CÓNTANOLO!!!
Mentras nolo contas podes ver as fotos deste día tan chulo!
venres, 20 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO
Preparados, listos, XA!!! Demos comezo á festa do libro!!!
O día 23 é o día Internacional do Libro, e coma sempre temos varias actividades programadas no cole. Aquí podes ver o programa:
Queredes saber de onde vén esta celebración investiga nos seguintes enlaces:
https://www.diadellibro.eu/
https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro
O día 23 é o día Internacional do Libro, e coma sempre temos varias actividades programadas no cole. Aquí podes ver o programa:
Queredes saber de onde vén esta celebración investiga nos seguintes enlaces:
https://www.diadellibro.eu/
https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro
luns, 1 de maio de 2017
RECOMENDAMOS LIBROS
Apetéceche ler e non sabes que? Dende BIBLIOROBIÑO invitámoste a que vexas os seguintes vídeos para que elixas un dos libros que te recomendan os compañeiros do cole e... que comece unha nova aventura!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARTE I
xoves, 27 de abril de 2017
O DÍA DO LIBRO E GLORIA FUERTES
Este luns 24 de abril, conmemoramos o Día do Libro na escola lendo e pintando poemas de Gloria Fuertes, recollidos no seu libro "Poemas de la oca loca".
Se vos gustaron os seus poemas, ide a zona de poesía da biblioteca e alí hai moitos máis. De momento tedes un recantiño de poesía tamén na entrada da escola.
O COMANDO LECTOR RECOMENDA POESÍA
Este martes recibistes nas vosas aulas o Comando Lector. Aquí tedes a recopilación de libros que de poesía que vos recomendou. Deixade os vosos comentarios para dicirnos que vos pareceron!
RECOMENDACIÓNS PARA INFANTIL:
RECOMENDACIÓNS PARA INFANTIL:
RECOMENDACIÓNS PARA 1º CICLO:
RECOMENDACIÓNS PARA 2º CICLO:
RECOMENDACIÓNS PARA O 3º CICLO:
domingo, 23 de abril de 2017
AQUÍ SI SE LE!!
Moitas grazas a todos polas vosas fotos! Xa vexo que gustades moito da lectura. Para algúns de vós é relaxante antes de ir durmir, para outros unha actividade de alto risco, pero espero que para todos unha actividade placentera. Ler mola!
xoves, 20 de abril de 2017
GLORIA FUERTES
Hoxe queremoslle adicar o día a Gloria Fuertes, unha escritora moi especial, da que nos encantan especialmente os seus poemas.

Abride unha presentación para aprender sobre a sús vida e os seus libros facendo click no seguinte enlace!
COÑECEMOS A GLORIA FUERTES
Estas cancións son poemas dela, que foron a sintonía do único programa infantil que se botaba na TVE. Daquela só había dous canais de televisión! Seguro que as vosas familias e profes saben cantalas!
Quedaches con ganas de saber máis? Pois aquí te deixamos uns enlaces para seguir a investigación pola túa conta!
http://www.gloriafuertes.org/
http://www.cervantes.es/bibliotecas_documentacion_espanol/creadores/fuertes_gloria.htm
http://www.actiludis.com/2012/10/11/gloria-fuertes-magica-poeta-de-la-paz-y-la-justicia/
http://www.cervantesvirtual.com/portales/gloria_fuertes/
RECOPILACIÓN DE POEMAS
venres, 7 de abril de 2017
AQUI SI SE LE!! EXPOSICIÓN DE FOTOS
Bo día!
Pronto se achega o DÍA DO LIBRO, o 23 de abril. Este ano queremos facer unha exposición de fotos no cole, e para iso necesitamos a vosa colaboración. Se queres saber como participar, le con atención!
Pronto se achega o DÍA DO LIBRO, o 23 de abril. Este ano queremos facer unha exposición de fotos no cole, e para iso necesitamos a vosa colaboración. Se queres saber como participar, le con atención!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















