Amosando publicacións coa etiqueta CAMIÑO DE SANTIAGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CAMIÑO DE SANTIAGO. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de abril de 2021

7º RETO QUE NOS PODES CONTAR DA CATEDRAL?

Ola compas! 

Xa estamos chegando ao final do noso camiño, por ese motivo o último dos retos que vos pronoñemos é unha investigación sobre a Catedral de Santiago de Compostela, teredes que facer un pequeno estudo sobre algunha das súas obras (como o botafumeiro, o pórtico da gloria...), partes que a conforman... Serán todas expostas aquí, e como non, pasarase a selar a compostelana da vosa clase para así facer un bo fin de Camiño.

Os traballos serán entregados ás titoras, deben estar en galego e o formato pode ser o que queirades.

Pasaremos a recollelos o día 24 de maio.

Ánimo peregrin@s que chegamos a Santiago!!!




martes, 23 de marzo de 2021

RETO 6: QUE SE COME NO CAMIÑO DE SANTIAGO?

 Algunha vez vos preguntastes como se organiza un/unha peregrino/a para facer as comidas diarias? 

Seguramente moitos e moitas camiñantes gozan da gastronomía galega nalgún momento do camiño. 

Neste novo reto do camiño a proposta é que vos convirtades en cociñeiros e cociñeiras e gravedes un programa ao estilo "Karlos Arguiñano", "Larpeiros" ou "Estache bo!" 
Aquí tes as bases para participar neste novo reto:
QUERES APRENDER DOS PROFESIONAIS?








luns, 22 de marzo de 2021

OS ENTROIDOS DO CAMIÑO

 OLA AMIGAS E AMIGOS INVESTIGADORES!!

Xa vexo que as vosas investigación sobre o Entroido polas diferentes vilas dos Camiños foron moi boas!! Case todas as clases conseguistes o selo!! Que ben!!

Agora toca compartir o aprendido, por que o coñecemento, se non é compartido, non vale para nada. 


CLASE 3ºA



LUCY 4ºB



CAYETANA 4ºB




GRETA 6ºA

https://drive.google.com/file/d/1Xw_P-kQrd7cMXpGgRQqEwWsIMu2sjQ0i/view?usp=sharing

mércores, 10 de febreiro de 2021

QUE VER NO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA



Nos mapas elaborados por todos e todas vós podemos ver cal é o Camiño que nos leva de Nigrán a Santiago: O Camiño Portugués pola costa. Nas seguintes imaxes vemos algunhas localidades polas que pasa e paradas que facer no camiño para gozar dos monumentos, tradición e natureza cos que nos imos atopando:
 






A coca de Redondela segundo o alumnado de 5 anos:




 A Ponte Ramallosa, unha investigación de Amir, de 4ºB


Investigación de Carlota e Cayetana 4ºB











Queres coñecer a investigación de 1ºA? Escanea o código cun lector de código QR!!



CLASE 5ºA
Este@s compas investigaron sobre diferentes lugares, aí tedes os resultados...

Os Castros de Vigo

Fervenza de Segade

A Peregrina

Casa de Rosalía de Castro


martes, 9 de febreiro de 2021

CONSELLOS PARA FACER O CAMIÑO DE SANTIAGO

 BOAS, PEREGRINOS E PERERGRINAS!! Que alegría atoparvos no camiño! 

Grazas a todas as investigacións que estades a levar a cabo xa temos unha moi boa guía con consellos para facer o Camiño de Santiago. De seguro que estades desexando coñecelos.

NOA, unha compañeira de 6ºA, preparounos este vídeo no que nos conta ata a orixe do Camiño de Santiago:


Ademais a súa clase déixanos os seguintes consellos:
O alumnado de infantil ten moi claro o que debemos meter na mochila: 

4 anos A



3 anos B


5 anos A

Queredes máis? Cales son as rutas? Como podemos facelo?










Alumnos e alumnas de 5ºB atoparon a uns peregrinos aos que se lle dan moi ben as rimas!!


Canto sabemos xa!!!










luns, 8 de febreiro de 2021

RETO 4!! ENTROIDANDO NO CAMIÑO

 Ola compañeiras e compañeiros! 

Este novo reto pasarémolo de FESTA!!!

Gústavos o entroido? Gústavos entroidar? É unha das miñas festas favoritas.

Neste novo reto investigaremos sobre diferentes entroidos que se festexas en diferentes vilas e cidades: 

        Que pasaría se fixésemos o camiño de Santigo nestas festas?

Mira as seguintes fotos, escolle a que máis che guste e investiga sobre este entroido:
  • Onde se festexa?
  • Que camiño de Santiago pasa por esta vila ou cidade?
  • Cal é a tradición?
  • Cal é o día grande da festa?   
  • Hai algunha personaxe ou atuendo típico de entroido?
  • Pódesnos contar algo máis?

PELIQUEIROS


ENTERRO DA SARDIÑA


MERDEIROS


O OSO DE SALCEDO


RAVACHOL


OS E AS XENERAIS


Estes son só algúns dos Entroidos galegos, pero hai moitos máis!! Coñeces algún outro entroido polo que pase O Camiño?

Esperamos as vosas respostas ata o día 26 de Febreiro!!!









martes, 12 de xaneiro de 2021

1, 2, 3 A RESPOSTA ATOPAREI. RETO 3!

 Que bonitas fotos da vosa pergrinaxe pola nosa contorna! Moitísimas grazas pola vosa participación!

Agora toca sair das nosas fronteiras, pero terá que ser telemáticamente, xa que co peche perimetral non podemos ir moi lonxe. Pero iso non é ningún impedimento para as nosas ganas investigadoras.




RETO 3

QUE ME PODEDES CONTAR DOS SEGUINTES MONUMENTOS?

Fixádevos nas seguintes fotos. Son monumentos, personaxes ou paisaxes representativos dalgunhas localidades localidades polas que pasa o Camiño de Santiago Portugués pola Costa.








VÓS DECIDIDES! PODEDES INVESTIGAR SOBRE UNHA FOTO, TODAS, FACER VÍDEO, RADIO, CARTAZ INFORMATIVO, FOLLETO... INDIVIDUAL EN PARELLAS OU GRUPO. O IMPORTANTE É... PARTICIPAR E INVESTIGAR!

ATRÉVESTE?

Podedes consultar as seguintes páxinas web para a vosa investigación:

TURISMO DE VIGO

CONCELLO DE NIGRÁN

CONCELLO DE REDONDELA

VIVECAMINO.COM

GALICIA MÁXICA

VISIT PONTEVEDRA

MUSEOS DE GALICIA

ROSALÍA.GAL

A PARTIR DO DÍA 4 DE FEBREIRO ATOPAREMOS O SEGUINTE RETO!!!


Resultados do 2º Reto

Ola compas, neste 2º reto proposto por Robiño fixestes unha gran búsqueda e moitos de vós enviastedes unhas fotos moi chulas, moitísimas grazas aos que participastes e tamén ás vosas familias por axudarvos tanto, parabéns.Aquí queda o vídeo:






martes, 17 de novembro de 2020

1, 2, 3, RESPOSTA ATOPAREI. RETO NÚMERO 2


Bo día, rapaces!!

Quero felicitar a todos as aulas que participastes no primeiro reto e que o superasates con éxito. Pronto poderedes ver aquí todos eses consellos que recopilastes porque no segundo reto vainos facer falta!


RETO NÚMERO 2!!

Seica vai moi bo tempo, e estiven a facer un anaco do Camiño de Santiago portugués pola Costa. Estiven pola vila de Baiona, Nigrán e cheguei a Vigo.
Hoxe o meu reto é que coas vosas familias  atopedes estes lugares polos que pasa o camiño e que traiades as fotos ao cole ou as mandedes ao meu coreo electrónico:

bibliorobino@gmail.com

AGORA TÓCANOS CAMIÑAR, IR EN BICI, A CABALO... 

O DÍA 10 DE DECEMBRO PASAREI POLAS VOSAS AULAS A SELAR O VOSO CARNET!









 

xoves, 22 de outubro de 2020

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe estamos de festa!! Tócanos doble inauguración!! Mañá 24 de outubro celébrase o "DÍA DAS BIBLIOTECAS" e con este motivo hoxe recibistes o voso carné de peregrinaxe investigadora, que da comezo a todas as actividades que faremos esta ano na biblioteca.  Ademais, como xa sabedes, este ano a radio escolar foi reformada e quixemos inaugurala coincidindo co día de apertura da biblioteca pcun programa sobre o Camiño de Santiago.

Deíxovos aquí o que elaboraron @s compas de 3ºA, este será o primeiro de varios programas que se irán retransmitindo a través deste blog. 

Escoitádeo con moita atención que estes compas fixeron un gran traballo👏👏👏

Parabéns 3ºA!!!!!



Agora premede no seguinte enlace para acceder a o noso concurso.... UN, DOUS, TRES.... A RESPOSTA ATOPAREI!


CONCURSO




UN, DOUS, TRES... A RESPOSTA ATOPAREI

 Ola de novo a tod@s!!!!

Imos comezar co concurso 1,2,3... a resposta atoparei! que faredes este curso escolar desde as vosas aulas, xa a coñecedes a maioría de vós o procedemento, que consiste na búsqueda de información para respostar a unhas preguntas ou facer actividades de investigación propostas desde a biblioteca, e por suposto serán agasalladas as aulas que se convirtan en investigadoras e consigan resolver os enigmas e retos que Robiño vaivos propoñer.

No seguinte enlace podedes seguir o concurso




Como xa tedes a Credencial de peregrinaxe na vosa aula, tedes que botarlle unha visual para poder  participar e poder facer un bo Camiño ao longo deste curso desde Baiona ata Santiago de Compostela.

Espero que vos sumedes todas as aulas e poidades completar o Camiño con Robiño a través das probas que se vos propoñen.

Vémonos no camiño!!! Non esquezades a credencial!!!