Ola de novo a tod@s!!!!
Imos comezar co concurso 1,2,3... a resposta atoparei! que faredes este curso escolar desde as vosas aulas, xa a coñecedes a maioría de vós o procedemento, que consiste na búsqueda de información para respostar a unhas preguntas ou facer actividades de investigación propostas desde a biblioteca, e por suposto serán agasalladas as aulas que se convirtan en investigadoras e consigan resolver os enigmas e retos que Robiño vaivos propoñer.
Como xa tedes a Credencial de peregrinaxe na vosa aula, tedes que botarlle unha visual para poder participar e poder facer un bo Camiño ao longo deste curso desde Baiona ata Santiago de Compostela.
Espero que vos sumedes todas as aulas e poidades completar o Camiño con Robiño a través das probas que se vos propoñen.
Vémonos no camiño!!! Non esquezades a credencial!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario