Amosando publicacións coa etiqueta 2017/2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2017/2018. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de maio de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO

Xa é por todos coñecido que a escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas é María Victoria Moreno.
 No seguinte enlace podes ler todas as razóns que levaron á Real Academia Galega a elixila.





A continuación tedes varios enlaces a noticias e eventos sobre María Victoria Moreno estes días:


Bibliorobiño recoméndavos a súa biografía, publicada por Urco na collección "Mulleres bravas da historia"
 para coñecela a fondo.
E por suposto que gocedes coa lectura dos seus libros, os cales podes atopar xa na entrada da biblioteca.



Mergullándoos en internet atoparedes multitude de información!


E para traballar na aula... SEMINARIO GALÁN




xoves, 10 de maio de 2018

ASÍ FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO!

O día do libro é un día moi especial para a nosa biblioteca. Este ano, xunto cos nosos padriños, madriñas e afillados pensamos no que máis nos gusta de ler e entre todos fixemos un mural. Ademais compartimos lecturas e diversión.

Na biblioteca tamén apareceron uns libros misteriosos que moitos de nós levamos a casa. ti levaches algún? CÓNTANOLO!!!

Mentras nolo contas podes ver as fotos deste día tan chulo!
 
 

venres, 20 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Preparados, listos, XA!!!  Demos comezo á festa do libro!!!

O día 23 é o día Internacional do Libro, e coma sempre temos varias actividades programadas no cole. Aquí podes ver o programa:


Queredes saber de onde vén esta celebración investiga nos seguintes enlaces:

https://www.diadellibro.eu/

https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro

O DÍA DO LIBRO NO CONCELLO DE NIGRÁN E ESPAZO LECTURA


mércores, 21 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Ola a todos e todas.
 Como cada 24 de febreiro Rosalía de Castro cumple anos. Dende Bibliorobiño queremos darlle os nosos parabéns. Como imos facelo? Coñecéndoa un pouco máis a través desta presentación, na que a súa vez presentaranos a un gran poeta que a admira moito: Antonio García Teijeiro.

Preme no enlace para recordar quen é a nosa poetisa máis querida e valente:



Te quedaches con ganas de máis? Pois atento: Propoñemos que nas aulas ou na biblioteca durante os recreos, completedes este xogo cos escornabots e Rosalía. Os que teñades a folla de respostas cuberta, podedes deixala no buzón da biblioteca. 

Esperámoste!

martes, 20 de febreiro de 2018

STOP BULLYING





Despois de traballar a fondo o que é o ACOSO ESCOLAR nas nosas aulas aprendimos cales son as palabras que queremos que nos rodeen...



E as que queremos ben lonxe.


Agora recorda, esto non é só o día da paz. Cada un dos días que vivimos temos dereito a ser felices e o deber de respetar a todos os que nos rodean. Moitas grazas a todos nos que colaborastes no noso mural. Aquí vos podedes ver



E para seguir maténdonos informados e aprender a ser valentes busca os libros "Búscanse Valentes" no noso rincón contra o acoso escolar







mércores, 17 de xaneiro de 2018

NO CEIP HUMBERTO JUANES DICIMOS NON AO ACOSO ESCOLAR!

Ola compas! este mes de xaneiro remata cunha festa moi importante: o día da Paz. Este ano no cole tomámonos a paz máis en serio que nunca. Non queremos que nin 1 só rapaz da escola o pase mal. Por iso durante estas dúas semanas estaremos aprendendo o que é o acoso escolar, tamén o que non é. Exploraremos os sentimentos. Poñeremos no lugar dos que o pasan mal e denunciaremos TODAS  as conductas que vexamos que fan pasar mal aos nosos compañeiros da escola.
Ademais o alumnado de 5º fará un labor de superheroe axudando e titorizando ao alumnado de 3º. Na páxina web do cole tedes moita información sobre este programa que poñemos en marcha no cole e que se chama Titoría Entre Iguais: QUE É O TEI?  


Aquí podedes ver algúns videos que vos farán aprender sobre este tema. Pouco a pouco todos seremos conscientes de que non podemos facer que ninguén se sinta mal e teremos que ser valentes facendo saber aos adultos quen fai que algún compañeiro o pase mal.

ENTRE TODOS CONSEGUIREMOS QUE O NOSO COLE SEXA UN ESPAZO LIBRE DE BULLYING!













BÚSCANSE VALENTES

Durante as próximas semanas este será o noso himno!!! Todos a berrar ben forte BÚSCANSE VALENTES!





Entrevista ao artista "El Langui", un valente en moitas facetas da súa vida.


luns, 18 de decembro de 2017

MAZAPÁN, TURRÓN E LECTURAS A MOGOLLÓN!


Como cada ano Robiño nos aconsella uns libros mooooi chulos para que incluamos nas nosas peticións para os Reis Magos. 

Podedes velos na entrada da biblioteca, elixir o que máis vos guste e sacar unha foto con el na hora do recreo no noso photocall. Despois subirémolas ao blog! Pero non te esquezas de incluílo na túa carta!




Preme na imaxe para ver as fotos máis grandes



domingo, 10 de decembro de 2017

FACEMOS UN TRABALLO ESCRITO


Nesta nova rotación do obradoiro "Aprendemos a Investigar" poñémonos man á obra. Robiño ten todas as claves para facer un traballo de investigación. Polo de agora sabiamos por onde empezar, pero desta facémolo todo de cabo a rabo! Aprendemos a facelo co seguinte documento:








martes, 28 de novembro de 2017

BAIXO O MESMO PARAUGAS. DÍA DA DISCAPACIDADE



Como cada ano o noso centro colabora co Centro Juan María no día da discapacidade, o 3 de decembro. Este ano co lema "Baixo o mesmo paraugas", reflexionaremos sobre a necesidade de todas as persoas a participar e sentirse parte da nosa sociedade.

Esta proposta ademais viaxará a tres puntos de Galicia: Coruña, Vigo e Pontevedra, cidades nas que durante o fin de semana haberá unha marea de paraugas pola diversidade. Estades todos convidados o domingo ás 12:00 na explanada do Náutico en Vigo.

NOTICIA EN TELEMARIÑAS

NOTICIA EN FARO DE VIGO


A diversidade fainos mellores!!

Podes escoitar no seguinte enlace a canción que bailaremos todos o venres despois do recreo. O noso cole será un paraugas xigante no que TODOS E TODAS temos cabida.


E xa para despedirnos por hoxe unha curtametraxe dos super poderes dalgúns superheroes que son compañeiros nosos de clase, amigos do parque, veciños...  ACADEMIA DE ESPECIALISTAS, 


Gustouche o vídeo? Tes máis na pestana de curtametraxes!



xoves, 23 de novembro de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: COÑECEMOS A NURIA



O clube de baloncesto de Nigrán é coñecido non só polas súas victorias na cancha de baloncesto, senón tamén pola súa sensibilidade con moitas causas, organizando torneos de básket sen barreiras, torneos solidarios, torneos pola igualdade... Podedes atopar información sobre as súas iniciativas no seguinte enlace:

Aquí podes coñecer o currículum da súa Directora deportiva: NURIA GÓMEZ, que mañá inaugurará RADIO VILAMEÁN, onde será entrevistada.

Hoxe achegámonos a este equipo para poñer en valor o seu traballo no Día contra a violencia de xénero, no que un ano máis están a facer un vídeo solidario. Son varios medios informativos os que se fan eco da noticia,  como xa fixeron en anos anteriores:


Moitas grazas a todos os que formades este clube pola vosa labor!!

Queres ver os videos do anos anteriores?












martes, 21 de novembro de 2017

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR!

Como cada ano puxéstenolo complicado para elixir as vosas historias gañadoras, pero despois dun longo debate... xa as temos. Ademais aquí podedes lelas e ver as fotos da entrega de premios. Noraboa a todas e todos os que participastes e aos gañodores!

GAÑADORA DO PREMIO DO 1º CICLO: Cayetana Guede, de 1ºB




GAÑADORA DE 3ºA: Blanca García

GAÑADORA DE 4ºA: Alba Rajo

GAÑADOR DE 4ºB: Anxo 

GAÑADOR DE 5ºB: Borja

GAÑADOR DE 5ºC: Diego Rial

GAÑADORA DE 6ºA: Miriam

GAÑADORES DE 6ºB: Tomás e David Suárez

E ESTAS SON AS FOTOS GAÑADORAS:

Irene Arévalo, de 5ºA



Se ti estiveches na entrega de premios búscate nas fotos!!!

OS CINEASTAS DE 6º DE PRIMARIA

Robiño quere agradecer ao alumnado do noso cole que participou no concurso de relatos e fotografías de terror este ano no cole, organizado polo equipo de Dinamización da lingua Galega.
Fóra de concurso, queremos amosarvos hoxe 3 pequenas curtametraxes terroríficas feitas por alumnos de 6º. Sodes uns artistas!!!!











xoves, 9 de novembro de 2017

DESPEDIMOS SAMAÍN E FESTEXAMOS O MAGOSTO A RITMO DE MÚSICA



O novo éxito de Uxía Lambona e a canda molona!








OS VOSOS TRABALLOS DE SAMAÍN!


Neste vídeo podedes ver algúns dos debuxos de Samaín ao son de Pablo Nogueiras e a súa canción "O Samaín" do alumnado de 1ºB.






RELATO GAÑADOR DO 1º CICLO: Cayetana Guede. Aula 1ºB



luns, 6 de novembro de 2017

APRENDENDO A INVESTIGAR

Nesta segunda rolda do noso obradoiro "Aprendo a investigar" imos aprender a buscar inforamción. Aquí tes un documento que o explica (case) todo.



xoves, 2 de novembro de 2017

MOCHILAS E SEMENTES VIAXEIRAS

Este ano con Robiño imos aprender a sementar e obter ricas plantas e froitos cheos de vitaminas.

Nas mochilas viaxeiras que levades cada semana a casa levaredes unhas pouquiñas semillas que poderedes plantar na casa. Non fai falta que teñas horta, xardín ou balcón! 

Aquí vos deixamos un vídeo con ideas mois creativas para facer os vosos semilleiros, e unha vez a túa planta ten bo tamaño xa podes transplantala ao sitio que ti elixas: maceta adecuada ao seu tamaño ou horta se tes a sorte de contar con unha.

Lemabrade que na biblioteca tedes moitos libros que vos poden ensinar a coidar a vosa planta. Podes deixarnos comentarios no blog de como van medrando as vosas semantes e se queres podes levalas a clase para mostrar aos teus compañeiros a súa evolución.