Hoxe quedaron na biblio durante o recreo para ter a primeira reunión do clube de lectura. Todo un éxito, están encantad@s. Grazas por participar!!!!!
Amosando publicacións coa etiqueta Clube de lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clube de lectura b>. Amosar todas as publicacións
venres, 31 de xaneiro de 2020
mércores, 29 de xaneiro de 2020
CLUBE DE LECTURA
Un novo clube de lectura comeza en 5º e 6º, o alumnado está moi animado e xa diron os primeiros pasos para levalo a cabo. O libro que será o inicio deste clube é "Charlie e a fábrica de chocolate", aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades como foi parte do proceso deste clube.
luns, 17 de abril de 2017
TOP SECRET. SÓ CLUBE DE LECTURA DE 6º
Se estás a ler esta publicación e non pertences ao clube de lectura de 6º, mellor que pares...
Para vós que si sodes, aquí vos deixo un enlace no que coñecer mellor ao autor do libro que estamos a ler, Anxo Fariña. Preme na súa imaxe:
Para vós que si sodes, aquí vos deixo un enlace no que coñecer mellor ao autor do libro que estamos a ler, Anxo Fariña. Preme na súa imaxe:
mércores, 25 de xaneiro de 2017
UNHA LECTURA MOI DOCE
Esta semana houbo dobre sesión de CLUBE DE LECTURA na nosa biblioteca. Robiño está encantado!!
Por un lado, o martes reuniuse o clube de 5º, no que comentaron o libro que leron: Charlie e a fábrica de chocolate.
O venres foi o turno do Clube de 6º, que na súa primeira reunión recibiu uns agasallos e o primeiro libro que van ler.
Non vos podemos contar máis porque:
Só un apunte: Puxémonos as botas!

O QUE PASA NO CLUBE DE LECTURA, QUEDA NO CLUBE DE LECTURA.
Só un apunte: Puxémonos as botas!
venres, 16 de decembro de 2016
UNHA SEMANA MOI SOLIDARIA
Robiño quere felicitarvos a todos polas vosas doazóns de xoguetes durante toda a semana. O voso corazón fíxose máis grande ao doar as vosas pertenzas máis queridas para facer felices a uns nenos e nenas que están pasando, posiblemente, pola maior desgracia que lle pode pasar a ninguén: o horrores da guerra.
Martina pertence ao clube le lectura de 6º. É unha gran lectora e mellor persoa. A través desta carta reflicte os sentimentos de moitos de vós ao afastarvos do voso xoguete favorito coa esperanza de iluminar os ollos dun neno ou nena coma vós que está a vivir nun inferno.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTILA CON NÓS!!!
Martina quere recomendarvos unhas lecturas para emocionarnos e reflexionar sós ou en compañía.
mércores, 16 de novembro de 2016
O NOVO CLUBE DE LECTURA COMEZA A SÚA ANDAINA
Pois si!! 12 nenas de 5º que voluntariamente se anotaron, empezaron onte a compartir lecturas, opinións, merendas e bos ratos na nosa biblioteca. Son do CLUBE DE LECTURA!!!
Despois de recibir unha carta cunha mensaxe secreta, onte no recreo xuntaronse para, entre outras cousas, recibir o primeiro libro que lerán este curso.
Pero non lles preguntes nada do que alí se fala. Non cho han contar!

O QUE PASA NO CLUBE DE LECTURA, QUEDA NO CLUBE DE LECTURA!!!
mércores, 13 de abril de 2016
UNHA VISITA MOI ESPERADA
Bo día! A verdade é que en BIBLIOROBIÑO sempre están acontecendo cousas!
Esta semana o alumnado de 5º recibiu na biblioteca a Alicia Borrás Sanjurjo, autora de Nata y Chocolate, que foi o primeiro libro que leron os membros do clube de lectura. Alicia Borrás naceu en Vigo onde traballa como profesora de teatro, actriz de dobraxe e escritora. Coa súa obra Versos graciosos, sabrosos y jugosos quedou finalista do Premio Lazarillo de Creación literaria.
O alumnado quedou moi contento coa súa visita, e ela tamén, xa que os membros do clube de lectura lle tiñan preparado unha bonita homenaxe. Vós tamén podedes gozar dela:
Ao finalizar a charla catro locutores de Radio Vilameán grabáronlle a estrevista que escoitamos no patio o mércores 4 de abril.
mércores, 27 de xaneiro de 2016
ENVÍO ESPECIAL DENDE A CAPITAL DE IRAQ
O día 26 de febreiro os nenos e nenas de 5º recibiron unha sorpresa na súa aula. Un envío especial dende Bagdag que traía a carteira en persoa na súa aula para os membros do CLUBE DE LECTURA.
Este envío tan especial é un libro "O carteiro de Bagdag", que será a próxima lectura que compartan, gocen e comenten na súa próxima xuntanza.
A ver que nos contan cando o rematen!
Este envío tan especial é un libro "O carteiro de Bagdag", que será a próxima lectura que compartan, gocen e comenten na súa próxima xuntanza.
A ver que nos contan cando o rematen!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)