Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA (4ºB)




O alumnado da clase de 4ºB elaborou xunto coa súa profe Carmen un vídeo para as letras galegas de Rosalía de Castro.
Parabéns chicos, chicas e profe, quedouvos xenial!!! Sodes uns artistas!!!

luns, 24 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA


Para coñecer un pouqiño máis a nosa poetísa, temos este recurso magnífico onde podemos atopar información sobre a súa vida, obras...


 AQUÍ PODEMOS ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE A SÚA VIDA E OBRAS...


ROSALÍA PEQUENIÑA






A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.

domingo, 17 de marzo de 2019

ROSALÍA DE CASTRO

MULLERES E CIENCIA

Retrato de Rosalía realizado polo alumnado de 5º 


Con motivo do "Día internacional da muller", o 8 de marxo, o "Día da muller científica" o 11 de febreiro e o "Día de Rosalía" o 24 de febreiro, coñecimos un montón de grandes mulleres galegas que lle levaron agasallos a Rosalía da man do noso alumnado.

A QUEN COÑECIMOS?

O alumnado de 6º presentounos a Mª Luisa Martínez Lorenzo e a Lucía Fraga Lago. 


Lucía Fraga traba en CETMAR o Centro Tecnolóxico do Mar. Está especializada en peixes planos e como nos conta na súa biografía o seu traballo é moi importante para os traballadores do mar.



Luisa traballa no CSIC como científica e divulgadora. é unha gran coñecida nosa porque sempre que pode vén ao noso centro a falarnos de ciencia dun xeito que nos encanta. Ademais acaba de publicar en Galaxia o libro "Puf... vaia peido" co que podemos seguir aprendendo cousas curiosas de animais, plantas e outros elementos da natureza.
Podedes ler a súa entrevista. 



As clases de 5 anos B e 4º presentáronnos a Antía Cal, gran maestra que ademais da nome a unha das escolas da nosa contorna. 




Da man de 3º e 5 anos A coñecimos á precursora do libro electrónico: Ángela Ruíz Robles



O alumnado de 3º incluso diseñou un libro electrónico que podedes ver na exposición


Para saber máis dela podes coller este libro na nosa biblioteca ou ler en varios libros de bibliografías que tamén temos en BIBLIOROBIÑO.

O alumnado de 2º presentounos a Eugenia Pereira Rodríguez, nada no Carballiño o 3 de abril de 1895 doutora  en Ciencia e Farmacia pola Universidade Central de Madrid e fundadora do Laboratorio Pemur.



Tamén coñecimos a mulleres do mundo das artes:

As aulas de 1º presentáronos a gran escritora Emilia Pardo Bazán


e co alumando máis pequeno do centro, as clases de 3 e 4 anos coñecimos á pintora Maruja Mallo e á escritora Dora Vázquez



mércores, 21 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Ola a todos e todas.
 Como cada 24 de febreiro Rosalía de Castro cumple anos. Dende Bibliorobiño queremos darlle os nosos parabéns. Como imos facelo? Coñecéndoa un pouco máis a través desta presentación, na que a súa vez presentaranos a un gran poeta que a admira moito: Antonio García Teijeiro.

Preme no enlace para recordar quen é a nosa poetisa máis querida e valente:



Te quedaches con ganas de máis? Pois atento: Propoñemos que nas aulas ou na biblioteca durante os recreos, completedes este xogo cos escornabots e Rosalía. Os que teñades a folla de respostas cuberta, podedes deixala no buzón da biblioteca. 

Esperámoste!

xoves, 2 de marzo de 2017

BIOGRAFÍA DE ROSALÍA

Resultado de imagen de MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA

Que mellor maneira de festexar o aniversario de Rosalía de Castro que lendo a súa biografía, dentro da colección "Mulleres bravas da nosa historia"
Podes atopala no andel de biografías xunto con outras de persoeiros igual de importantes ca ela na nosa historia.

xoves, 23 de febreiro de 2017

ROSALÍA DE CASTRO E O CALDO DE GLORIA

Este ano conmemórase o 180 aniversario do nacemento da nosa poetisa máis querida. A Fundación Rosalía de Castro, entre as súas actividades propón a elaboración do Caldo de Gloria. Queres saber de que trata? Le a seguinte noticia que podemos atopar no xornal "La Voz de Galicia":

DÍA DE ROSALÍA NA PRENSA

Neste ano no que a cociña e alimentación están tan presentes no cole, animámosvos a cociñar e probar o CALDO DE GLORIA.

Aquí podedes ler a receita:  CALDO DE GLORIA



Podedes atopar este libro, e outros de Rosalía na sección de Poesía na nosa biblioteca.




Miña casiña, meu lar
Miña casiña, meu lar,

¡cántas onciñas
de ouro me vals!



Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar,
descalciña de pe e perna,
sin comer nin almorzar.
Polo camiño atopaba
ricas cousas que mercar,
i anque ganas tiña delas,
non tiña para as pagar.
Nos mesóns arrecendía
a cousas de bon gustar,
mais o que non ten diñeiro
sin elas ten que pasar.
Fun chegando á miña casa
toda rendida de andar,
non tiña nela frangulla
con que poidera cear.
A vista se me barría,
que era aquél moito aunar.
Fun á porta dun veciño
que tiña todo a fartar;
pedinlle unha pouca broa
e non ma quixo emprestar.
As bagullas me caían,
que me fora a avergonzar.
Volvínme á miña casiña
alumada do luar;
rexistréi cada burato
para ver de algo atopar;
atopéi fariña munda,
un puñiño a todo dar.
Vino no fondo da artesa.
Púxenme a Dios alabar.
Quixen alcendé-lo lume;
non tiña pau que queimar;
funllo a pedir a unha vella;
tampouco mo quixo dar,
si non era un toxo verde
para me facer rabiar.
Volvín triste como a noite
a chorar que te chorar;
collín un feixe de palla,
do meu leito o fun pillar;
rexistréi polo cortello
mentras me puña a rezar
e vin uns garabulliños
e fieitos a Dios Dar.
¡Meu San Antón milagroso,
xa tiven fogo no lar!
Arriméi o pote ó lume
con augua para quentar.
Mentras escarabellaba
na cinza, vin relumbar
un ichavo da fertuna...
¡Miña Virxe do Pilar!
Correndiño, correndiño
o fun en sal a empregar;
máis contenta que unhas páscoas
volvín a porta a pechar,
e na miña horta pequena
unhas coles fun catar.
Con un pouco de unto vello
que o ben soupen aforrar,
e ca fariñiña munda,
xa tiña para cear.
Fixen un caldo de groria
que me soupo que la mar;
fixen un bolo do pote
que era cousa de envidiar;
despóis que o tiven comido,
volvín de novo a rezar;
e despóis que houben rezado,
puxen a roupa a secar,
que non tiña fío enxoito
de haber tanto me mollar.
Nantramentras me secaba,
púxenme logo a catar
para que me oíran
en todo o lugar:



Meu lar, meu fogar,
¡cántas onciñas
de ouro me vals!

martes, 8 de marzo de 2016

ROSALÍA NA ESCOLA

O prometido é débeda! 
Díxenvos que axiña poderiades ver os vosos carteles do DÍA DE ROSALÍA e aquí están!








Xa viches o da túa clase? UN GRAN TRABALLO!
Moitas grazas Rosalía polos teus poemas. Seguiremos gozando deles en BIBLIOROBIÑO! 

mércores, 24 de febreiro de 2016

CANTA A ROSALÍA

O día 24 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" no cole. Pronto atoparedes fotos dos vosos murais, pero mentres, como sei que gustades moito de cantar, déixovos o seguinte vídeo, do libro CD "Rosalía Pequeniña", editado por Galaxia,  con poemas da nosa poetisa cantados por Uxía Senlle e outros grandes artistas galegos.




Un clásico da música galega é "Adiós Ríos, adiós fontes"  interpretado por Amancio Prada. Por se aínda non o coñeces, ou queres volver oílo, aquí volo traio.





Migallas tamén se atreve a facer unha versión cantada do poema "Eu ben vin estar o moucho" no seu libro cd "Pan de Millo". Atréveste a cantala e mandarme o vídeo a bibliorobino@gmail.com?

E se vos sabe a pouco, sabede que en BIBLIOROBIÑO atoparedes outros cds e libros onde poderedes seguir cantando a Rosalía, como Rap Poemas, de Aída Alonso.
Aquí podes consultar unha noticia do 2013 no que se fan eco desta publicación:


Agora mesmo podedes atopar todos estes libros no recanto da lingua que acaba de estrenar o Equipo de Normalización Lingüística dentro da nosa biblioteca. A por eles!!