Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de marzo de 2020

MULLERES POLO MUNDO



No traballo sobre as mulleres se recalcou a importancia de traballar cada aula unha muller importante do seu país. Estas foron as homenaxeadas.

luns, 9 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 1º AS NOSAS MULLERES



    

Para traballar o 8 de marzo, Día da muller traballadora, 1º A fixemos un traballo recordando a gran importancia deste día e todo o que representa.

domingo, 8 de marzo de 2020

MATRIARCAS



Este traballo adicouse desde a biblioteca para non esquecer a estas persoaas tan importantes

MULLERES EXTRAORDINARIAS DO MUNDO

Este é o recopilatorio de libros que se fixo na biblioteca sobre moitas mulleres que tiveron relevancia ao llongo da historia en hitos científicos, artísticos...










DÍA INTERNACIONAL DA MULLER





Para conmemorar o día internacional da muller leváronse a cabo distintas actividades, aquí tedes un vídeo sobre elas.

domingo, 17 de marzo de 2019

ROSALÍA DE CASTRO

MULLERES E CIENCIA

Retrato de Rosalía realizado polo alumnado de 5º 


Con motivo do "Día internacional da muller", o 8 de marxo, o "Día da muller científica" o 11 de febreiro e o "Día de Rosalía" o 24 de febreiro, coñecimos un montón de grandes mulleres galegas que lle levaron agasallos a Rosalía da man do noso alumnado.

A QUEN COÑECIMOS?

O alumnado de 6º presentounos a Mª Luisa Martínez Lorenzo e a Lucía Fraga Lago. 


Lucía Fraga traba en CETMAR o Centro Tecnolóxico do Mar. Está especializada en peixes planos e como nos conta na súa biografía o seu traballo é moi importante para os traballadores do mar.



Luisa traballa no CSIC como científica e divulgadora. é unha gran coñecida nosa porque sempre que pode vén ao noso centro a falarnos de ciencia dun xeito que nos encanta. Ademais acaba de publicar en Galaxia o libro "Puf... vaia peido" co que podemos seguir aprendendo cousas curiosas de animais, plantas e outros elementos da natureza.
Podedes ler a súa entrevista. 



As clases de 5 anos B e 4º presentáronnos a Antía Cal, gran maestra que ademais da nome a unha das escolas da nosa contorna. 




Da man de 3º e 5 anos A coñecimos á precursora do libro electrónico: Ángela Ruíz Robles



O alumnado de 3º incluso diseñou un libro electrónico que podedes ver na exposición


Para saber máis dela podes coller este libro na nosa biblioteca ou ler en varios libros de bibliografías que tamén temos en BIBLIOROBIÑO.

O alumnado de 2º presentounos a Eugenia Pereira Rodríguez, nada no Carballiño o 3 de abril de 1895 doutora  en Ciencia e Farmacia pola Universidade Central de Madrid e fundadora do Laboratorio Pemur.



Tamén coñecimos a mulleres do mundo das artes:

As aulas de 1º presentáronos a gran escritora Emilia Pardo Bazán


e co alumando máis pequeno do centro, as clases de 3 e 4 anos coñecimos á pintora Maruja Mallo e á escritora Dora Vázquez



martes, 5 de marzo de 2019

MULLERES

Para conmemorar o "Día Internacional da Muller" Robiño poñe a vosa disposición unha selección de libros sobre mulleres valentes!!!





Ademáis os nenos e nenas debuxaron o retrato dunha muller importante na súa vida!!

VIVAN AS MULLERS!!




martes, 7 de marzo de 2017

NOVAS NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe queremos resaltar a  figura de dúas mulleres cercanas a nós que son un exemplo a seguir polos logros que conseguiron.

Resultado de imagen de LA PALABRA JUSTAANTÍA CAL
Nos seguintes artículos tes información sobre esta pedagoga de Vigo.




Ademais o mércores e o xoves poderás ver o documental  na páxina web do diario "El País".



Resultado de imagen de CHUS LAGO ANTARTIDACHUS LAGO:
Alpinista galega, tamén de Vigo, que conseguiu grandes hitos no deporte que practica:


DESNIVEL.COM


CIENTÍFICAS GALEGAS:

Nos seguintes enlaces ao portal GCIENCIA.COM, poderás ler noticias sobre as mulleres galegas no ámbito da ciencia.

http://www.gciencia.com/universidade/a-catedratica-marilar-aleixandre-entra-na-academia-galega-o-vindeiro-14-de-xaneiro/


http://www.gciencia.com/ciencia/a-historia-das-pioneiras-da-ciencia-galega-na-biblioteca-concepcion-arenal/


http://www.gciencia.com/ciencia/as-mulleres-seguen-sen-acceder-aos-postos-directivos-na-ciencia-en-espana/


http://www.gciencia.com/ciencia/isabel-medina-nomeada-coordinadora-de-ciencia-e-tecnoloxia-dos-alimentos-do-csic/


http://www.gciencia.com/ciencia/africa-gonzalez-da-uvigo-finalista-dos-premios-europeos-as-mulleres-innovadoras/


http://www.gciencia.com/ciencia/alba-aguion-gana-o-certame-de-monologos-da-fundacion-aquae/

luns, 6 de marzo de 2017

O COMANDO LECTOR NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA



O comando lector deste día 8 de marzo ven cargadiños de libros que nos falan de grades heroinas coñecidas ao redor do mundo. Ou quizais non. Hoxe queremos ler libros que nos fagan reflexionar sobre o papel tan importante das nenas e mulleres no mundo.
Tedes todos estes libros que vos recomendaron e máis no recuncho do Día Muller, xunto con caixas sorpresa para facer teatro, pancartas, avións de papel ou elixir o que quererás ser de maior!
 "Vivir a igualdade na Diversidade" 



Para quecer motores, tres vídeos para entender a necesidade de celebrar este día:









Aquí tedes o enlace a máis...

CURTAMETRAXES E OUTROS VÍDEOS POLA IGUALDADE

luns, 28 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER EN BIBLIOROBIÑO

O martes no noso centro recibimos visitas moi especiales. Era o día da Muller Traballadora e Robiño concertou tres citas moi especiais.

Unha delas ben ao  cole todos os días, tratábse de Cristina Fernández Piñeiro, profesora de 4ºA. Outra tamén ben moi a miúdo ao cole, Rosi, nai de Noa e Anxo Couso, dous compañeiros de infantil. E por último, pero non menos importante, Albino, home tecedor do Val Miñor. Seguide lendo, que vos conto porque lles fixemos esta pequena homenaxe. Aínda que se escoitastes RADIO VILAMEÁN ese día seguro que xa o saberedes!



Cristina Fernández Piñeiro


Loitadora, mestra, comprometida, amiga, nai, traballadora pero sobre todo MULLER!!!

Os alumnos de  4°, 5° e 6° celebraron o Día da Muller traballadora cun pequeno homenaxe a unha figura moi recoñecida no mundo deportivo do balonmán. Ela foi árbitro internacional ata a súa retirada no ano 2007. No seu palmarés atopamos 6 finais do rei masculino e 6 finais da raíña femininas, campionatos e liga internacionais en Turquía, Dinamarca, Alemania, Eslovaquia, Hungría, China, Costa de Marfíl....e poderíamos citar moitísimos países do mundo. Tivo a honra de levar a antorcha olímpica nos xogos olímpicos de Barcelona 1992. 
Conviviu nun mundo de homes nun momento complicado para as mulleres e abriu a porta para que otras seguiran as súas pegadas. Todo un referente entre as mulleres e temos a sorte de tela na nosa escola pública!!!

Aquí podedes ver algunhas das entrevistas que lle fixeron na televisión galega e na televisión española. Tamén a podedes ver levando a antorcha olímpica!!!




ROSI PEREIRA GONZÁLEZ

Rosi traballa no parque de bombeiros de Nigrán. É bombeira! Os nenos e nenas de infantil estiveron con ela na biblioteca e contounos unha historia dunha nena da que se rían os seus compañeiros cando lle decían que quería ser bombeira. Seica pensaban que as mulleres non podían ser bombeiras! Pero Rosi viu para demostrarnos que as mulleres, igual ca os homes poden traballar naquilo que se propoñan, sempre e cando loiten por conseguilo. Tamén nos contou que traballos fan os bombeiros, como son os seus traxes e ata viu o coche de bombeiros. Aquí tedes algunhas fotos:







ROSI, BOMBEIRA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

ALBINO

Os alumnos e alumnas de de 1º, 2º e 3º recibimos a visita de Albino, unha persoa polifacética. Que quere dicir este “palabro”? Quere dicir que lle gusta facer moitas cousas. 
Albino contounos que traballa con FÍOS, é tecedor. Trouxo un tear vertical para que miraramos que é TECER. Como tivemos moi pouco tempo invitounos a visitar o seu taller de Gondomar onde hai un montón de teares.
Albino díxonos algo moi importante:
 “ Unha persoa poder ser o que quere ser se loita por conseguilo”. 
Cando el era pequeno quería aprender a ganchillar, a calcetar, a coser, cociñar, etc. A súa, avoa e a sua mami non querían ensinarlle por que  dicían que era COUSA DE NENAS!! A pesar disto conseguiu o que quería e agora sabe facer todas esas cousas: cose, cociña, tece, etc.









domingo, 13 de marzo de 2016

ARTUR E CLEMENTINA, POR 2ºB

Para rematar a semana da Muller Traballadora, os nenos e nenas de 2ºB presentáronnos o seu traballo sobre Artur e Clementina. O venres na hora de ler o alumnado de 5 anos, 1º e 2ºA tivo a sorte de asistir á presentación do seu vídeo. 
Primeiro nos fixeron unha pequena introducción de como o fixeran: leron o conto varias veces, fixeron un cásting de voces, grabaron as voces, fixeron os bonecos e o decorado con plastilina, pedras, plantas, papel... E despois sacando fotos e montando todo o traballo fixeron esta bonita película do conto da escritora Adela Turini.
Aquí podedes velo. 


Que vos parece? O venres resolvéronnos algunhas dúbidas de como o montaran. Seguro que se ti tes algunha e a escribes nos comentarios enseguida resolverancha!



domingo, 6 de marzo de 2016

CURTAS POLA IGUALDADE

Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, como xa vos dixen o pasado venres, en BIBLIOROBIÑO durante esta semana na hora do recreo, poderedes ver vídeos como estes que están a continuación! Anímate a vir e a deixar os teus comentarios do que che parecen!

HAY ALGO MÁS ABURRIDIDO QUE UNA PRINCESA ROSA?




CORRE COMO UNA NIÑA

EL PRÍNCIPE CENICIENTO

SUPERLOLA



RILEY EN CENTRO COMERCIAL

ROSA CARAMELO

UNA FELIZ CATÁSTROFE

ANDALUNA Y SAMIR

SANDRA DETECTIVE DE CUENTOS

SANDRA DETECTIVE DE CUENTOS

IGUALDAD DE GÉNERO

UNA BLANCANIEVES DIFERENTE

EL ABECEDARIO DE LAS PROFESIONES

LAS TAREAS DEL HOGAR

QUE QUERÉIS SER DE MAYORES?



BEBE "MALO ERES"

xoves, 3 de marzo de 2016

IGUALDADE NA DIVERSIDADE


Ola amigos!
Esta semana veño con moitas novidades. O día 8 de marzo é o "Día Internacional da Muller Traballadora", no que se conmemora a loita da muller pola súa participación, en  igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persona. 
Por isto convídovos a todos a que veñades nos recreos durante esta semana á aula de audiovisuais de BIBLIOROBIÑO, onde poderedes ver curtametraxes e outros materiais audivisuais relacionados con este tema durante a hora de recreo.
Nesta aula, que por certo está renovada, espéravos unha boa amiga miña, Rosa Caramelo, unha elefanta que recorreu un longo camiño para chegar ata aquí. Entrade a modo para non asustala! Creo que viu moi cargada... pero iso xa volo irei contando...
Agárdovos a todos do luns ao venres en AUDIOVISUAIS!!!