Para rematar a semana da Muller Traballadora, os nenos e nenas de 2ºB presentáronnos o seu traballo sobre Artur e Clementina. O venres na hora de ler o alumnado de 5 anos, 1º e 2ºA tivo a sorte de asistir á presentación do seu vídeo.
Primeiro nos fixeron unha pequena introducción de como o fixeran: leron o conto varias veces, fixeron un cásting de voces, grabaron as voces, fixeron os bonecos e o decorado con plastilina, pedras, plantas, papel... E despois sacando fotos e montando todo o traballo fixeron esta bonita película do conto da escritora Adela Turini.
Aquí podedes velo.
Que vos parece? O venres resolvéronnos algunhas dúbidas de como o montaran. Seguro que se ti tes algunha e a escribes nos comentarios enseguida resolverancha!
Gustoume moyto¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
ResponderEliminarEncantoume este conto tan fermoso. Todos os nenos forón estupendos.E como non un aplauso para eles e para profesora Marga por esta idea tan xenial.
ResponderEliminarlidia a mamá de Juan. 2ºB
Fermoso conto narrado polas nenas e nenos de 2B coa imprescindible axuda da sua xenial titora Marga.
ResponderEliminarMaría mamá Leo 2B.