Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de outubro de 2020

Samaín!!!!

 

 


Ola compas!

Esta semana ímoslla adicar á celebración do Samaín- Halloween, desde a biblioteca queremos que participedes nun concurso que hai sobre relatos e debuxos terroríficos, uuuuhhhhhhhhhhhhh!!! 

Os mais pequenos do cole teñen que facer os seus debuxos terroríficos e os maiores terán que elaborar un relato de terror que terá que ser escrito en lingua galega e terá relación co Camiño de Santiago.

Esperamos non pasar moito medo á hora de lelos e de velos💀👺

Animádevos a participar!!!!!!

Este vai ser o primeiro concurso deste ano, haberá mais e desexamos participedes!!!!

Os grupos de infantil e 1º ciclo poden facelo de maneira grupal, 3º, 4º , 5 e 6º terá que ser individual. 

Os premios serán por aula en infantil e primeiro ciclo e individual en cada aula aos gañador@s de 3º, 4º, 5º e 6º.

Participade e asustade a Robiño!!!!



venres, 29 de novembro de 2019

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR E FOTOGRAFÍAS DE MEDO

Estes son os relatos e as fotografías gañadoras do concurso de Terror convocado polo Samaín.
Parabéns chicas e chicos!!!






























mércores, 6 de novembro de 2019

SAMAÍN

Este ano a biblioteca engalanouse de MEDO para recibir ao Samaín para que os nenos e nenas do colexio disfrutaran deste espazo e dos seus libros, e así quedou a biblio para tal acontecemento...









luns, 22 de outubro de 2018

SAMAÍN


Este ano os libros de Samaín fannos tremer de medo levándonos a lugares terroríficos. Podes ver a nosa selección no corredor da planta baixa:


Pronto poderemos ver as vosas creacións terroríficas deste ano!!!

martes, 21 de novembro de 2017

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR!

Como cada ano puxéstenolo complicado para elixir as vosas historias gañadoras, pero despois dun longo debate... xa as temos. Ademais aquí podedes lelas e ver as fotos da entrega de premios. Noraboa a todas e todos os que participastes e aos gañodores!

GAÑADORA DO PREMIO DO 1º CICLO: Cayetana Guede, de 1ºB




GAÑADORA DE 3ºA: Blanca García

GAÑADORA DE 4ºA: Alba Rajo

GAÑADOR DE 4ºB: Anxo 

GAÑADOR DE 5ºB: Borja

GAÑADOR DE 5ºC: Diego Rial

GAÑADORA DE 6ºA: Miriam

GAÑADORES DE 6ºB: Tomás e David Suárez

E ESTAS SON AS FOTOS GAÑADORAS:

Irene Arévalo, de 5ºA



Se ti estiveches na entrega de premios búscate nas fotos!!!

OS CINEASTAS DE 6º DE PRIMARIA

Robiño quere agradecer ao alumnado do noso cole que participou no concurso de relatos e fotografías de terror este ano no cole, organizado polo equipo de Dinamización da lingua Galega.
Fóra de concurso, queremos amosarvos hoxe 3 pequenas curtametraxes terroríficas feitas por alumnos de 6º. Sodes uns artistas!!!!











xoves, 9 de novembro de 2017

DESPEDIMOS SAMAÍN E FESTEXAMOS O MAGOSTO A RITMO DE MÚSICA



O novo éxito de Uxía Lambona e a canda molona!








OS VOSOS TRABALLOS DE SAMAÍN!


Neste vídeo podedes ver algúns dos debuxos de Samaín ao son de Pablo Nogueiras e a súa canción "O Samaín" do alumnado de 1ºB.






RELATO GAÑADOR DO 1º CICLO: Cayetana Guede. Aula 1ºB



mércores, 1 de novembro de 2017

SAMAÍN NO COLE


Esta semana puidemos gozar coa nosa habitual exposición de calacús e outono nos corredores do cole, pero Samaín continúa en BIBILIOROBIÑO. Podesdes coller os libros terroríficos na exposición que máis medo da de todo o ano!!!

E se queredes xogar un pouco entrade no blog das TICS do cole, onde tedes preparados moitos enlaces divertidos!



xoves, 26 de outubro de 2017