Ademáis os nosos alumnos e alumnas investigaron durante todo o curso e fixeron uns traballos impresionanrtes!!
Amosando publicacións coa etiqueta Eureka! b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eureka! b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 23 de maio de 2019
CÓNTAME UN INVENTO
Por mor do PROTECTO que parte desde a BIBLIOTECA este curso chamado "INVENTOS E EXPERIMENTOS" moitos dos alumnos e alumnas trouxeron inventos creados por eles mesmos. Estes son algúns dos seus traballos:
domingo, 7 de abril de 2019
NAMÓRATE DA CIENCIA ENTREGA OS PREMIOS
Noraboa aos nosos gañadores!!
Aquí podedes ves as fotos da entrega de premios.
En Infantil a nosa gañadora foi Nora, da clase de 3 anos A. hoxe non puido estar con nós, polo que o orgulloso irmán maior Amir recolleu os seu agasallo: Unha mochila, unha libreta e unha bolsa!
O gañador de primeiro ciclo foi Quique, que ademais foi o gañador absoluto do noso concurso. Conquistou non só o Espacio, se non tamén a todos os membros do xurado! Pos iso recibiu un libro para que continúe experimentando coa ciencia na súa casa, ademais da bolsa e unha libreta.
O premio da categoría de 2º ciclo foi para 4º, para Mateo e Beltrán. Xuntos compartirán xogos para a praia, libretas e bolsas.
Aroa e Alicia, de 6º, foron as nosas gañadores máis maiores. Levaron como agasallo xogos de praia, unha libreta e unha bolsa.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!! VÉMONOS AXIÑA!!!
martes, 2 de abril de 2019
E OS GAÑADORES SON...
Aquí tedes aos gañadores do noso concurso
"NAMÓRATE DA CIENCIA"
Elas son Aroa e Alicia, de 6ºC, que nos presentan un experimento chamado "Efecto Marangoni"
Eles son os irmáns Valverde Rouco, de 4º, que nos presentan o video "Ciencia a tope"
Nora é a nosa participante máis nova. Ela é Nora, de 4º de infantil
E PARA REMATAR O VÍDEO GAÑADOR DO NOSO CONCURSO!!!
Enrique Esmerode, de 1º viaxa ao espacio co seu
"COHETE A REACCIÓN"
NORABOA AOS GAÑADORES!!!
domingo, 17 de marzo de 2019
ROSALÍA DE CASTRO
MULLERES E CIENCIA
Retrato de Rosalía realizado polo alumnado de 5º
Con motivo do "Día internacional da muller", o 8 de marxo, o "Día da muller científica" o 11 de febreiro e o "Día de Rosalía" o 24 de febreiro, coñecimos un montón de grandes mulleres galegas que lle levaron agasallos a Rosalía da man do noso alumnado.
A QUEN COÑECIMOS?
O alumnado de 6º presentounos a Mª Luisa Martínez Lorenzo e a Lucía Fraga Lago.
Luisa traballa no CSIC como científica e divulgadora. é unha gran coñecida nosa porque sempre que pode vén ao noso centro a falarnos de ciencia dun xeito que nos encanta. Ademais acaba de publicar en Galaxia o libro "Puf... vaia peido" co que podemos seguir aprendendo cousas curiosas de animais, plantas e outros elementos da natureza.
Podedes ler a súa entrevista.
As clases de 5 anos B e 4º presentáronnos a Antía Cal, gran maestra que ademais da nome a unha das escolas da nosa contorna.
Da man de 3º e 5 anos A coñecimos á precursora do libro electrónico: Ángela Ruíz Robles
O alumnado de 3º incluso diseñou un libro electrónico que podedes ver na exposición
Para saber máis dela podes coller este libro na nosa biblioteca ou ler en varios libros de bibliografías que tamén temos en BIBLIOROBIÑO.
O alumnado de 2º presentounos a Eugenia Pereira Rodríguez, nada no Carballiño o 3 de abril de 1895 doutora en Ciencia e Farmacia pola Universidade Central de Madrid e fundadora do Laboratorio Pemur.
Tamén coñecimos a mulleres do mundo das artes:
As aulas de 1º presentáronos a gran escritora Emilia Pardo Bazán
xoves, 28 de febreiro de 2019
NAMÓRATE DA CIENCIA
NOVO CONCURSO DE VIDEO EN BIBLIOROBIÑO!!!
Robiño sabe que vos encanta a ciencia, os experimentos e gravar videos, por iso este é o voso concurso perfecto!!!
Queres participar? Estas son as bases do concurso:
Aquí podedes ver un exemplo do noso primeiro participante. Sabes que é o noso primeiro científico?
venres, 14 de decembro de 2018
INVENTOS E DIVERSIDADE
Algunhas das nosas aulas estiveron a investigar INVENTOS que nos fan a vida máis doada aos que temos algunha dificultade motora, visual, cognitiva... Queres coñecer algúns deles?
xoves, 1 de novembro de 2018
EUREKA!
Este ano Robiño ven con moitos libros e moitas ferramentas e aparellos, e que quere que aprendamos sobre Os Inventos!!!
Por iso, o día das bibliotecas escolares, que no noso cole o festexamos o 26 de outubro, a entrada do cole parecía un auténtico laboratorio:
Debaixo das escaleiras ademais apareceron un montón de inventos que se usaban no cole cando os nosos pais eran alumnos: Máquinas de escribis, proxectores de transparencias, Radio casetes, cintas e discos... Como cambiou a tecnoloxía no cole!
Neste rincón da biblioteca podedes atopar cantidade de libros sobre
INVENTOS E EXPERIMENTOS
para investigar con Robiño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















