Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de decembro de 2019

Traballando a igualdade

Na biblioteca do noso cole temos sempre en conta a diversidade que existe na nosa sociedade e para eso creamos este rincón para darllo a coñecer aos demais compas do cole.










luns, 2 de decembro de 2019

O NOSO CANTO Á DIVERSIDADE


Co gallo do 3 de decembro, "Día Internacional das persoas con discapacidade ou diversidade funcional", voltamos a visualizar este vídeo no que pretendemos facer un canto á diversidade, á diferenza e á equidade fomentando a reflexión cunha comparación sinxela pero potente.


E TI, QUE VES?

venres, 29 de novembro de 2019

Día da Discapacidade


Aquí quedan uns vídeos sobre un tema que desde o cole consideramos importantísimo traballar como é a discapacidade.


xoves, 7 de novembro de 2019

LIBROS CON PICTOGRAMAS

Estes libros xa están dispoñibles para todos e todas na biblioteca nun espacio adecuado e que se poidan ver con facilidae e por suposto levar.








mércores, 3 de abril de 2019

RECUNCHO DE INCLUSIÓN

A Nosa biblioteca conta con este espazo para que poidades escoller os libros que máis vos apeteza sobre a temática da inclusión e o respecto hacia os demais.





venres, 14 de decembro de 2018

INVENTOS E DIVERSIDADE

Algunhas das nosas aulas estiveron a investigar INVENTOS que nos fan a vida máis doada aos que temos algunha dificultade motora, visual, cognitiva... Queres coñecer algúns deles?





domingo, 2 de decembro de 2018

RUEDAS

Con motivo do "Día Internacional da discapacidade" hoxe todos iremos a rodas. Como Ruedas, a protagonista de "Ruedas y el secreto del GPS" de Guillermo Fesser, a quen podedes ver nesta entrevista de presentación do seu libro.
Podes atopar os dous libros en BILBIOROBIÑO!






xoves, 29 de novembro de 2018

ALEJANDRO NANDE VISITA O NOSO COLE

Este luns 3 de decembro, con motivo do "Día internacional da discapacidade" visitaranos Alejandro Nande Iglesias, un jinete súper capacitado para a doma clásica. Queres coñecelo?


Podes atopar información deste campeón a nivel nacional nos segintes enlaces:




martes, 28 de novembro de 2017

BAIXO O MESMO PARAUGAS. DÍA DA DISCAPACIDADE



Como cada ano o noso centro colabora co Centro Juan María no día da discapacidade, o 3 de decembro. Este ano co lema "Baixo o mesmo paraugas", reflexionaremos sobre a necesidade de todas as persoas a participar e sentirse parte da nosa sociedade.

Esta proposta ademais viaxará a tres puntos de Galicia: Coruña, Vigo e Pontevedra, cidades nas que durante o fin de semana haberá unha marea de paraugas pola diversidade. Estades todos convidados o domingo ás 12:00 na explanada do Náutico en Vigo.

NOTICIA EN TELEMARIÑAS

NOTICIA EN FARO DE VIGO


A diversidade fainos mellores!!

Podes escoitar no seguinte enlace a canción que bailaremos todos o venres despois do recreo. O noso cole será un paraugas xigante no que TODOS E TODAS temos cabida.


E xa para despedirnos por hoxe unha curtametraxe dos super poderes dalgúns superheroes que son compañeiros nosos de clase, amigos do parque, veciños...  ACADEMIA DE ESPECIALISTAS, 


Gustouche o vídeo? Tes máis na pestana de curtametraxes!



luns, 5 de xuño de 2017

OBRADOIRO DE POESÍA CO COLE JUAN MARÍA E OS NOSOS AXUDANTES DE 6º

Bo día! Hoxe vimos a contarvos unha actividade moi especial que aconteceu na nosa biblioteca o pasado 25 de maio e da que puideron gozar os nosos axudantes de 6º. Moitas grazas polo voso traballo!!!!

Dende a biblioteca invitámos a facer un obradoiro de poesía a un grupo de 15  rapaces do Centro Juan María con nosos, os axudantes de biblioteca de 6º. 

O obradoiro de poesía versou sobre Gloria Fuertes, xa que este ano esta grande poeta infantil tivo un lugar destacado na nosa escola.

A actividade que fixemos foi a seguinte: “PALABRAS FUXIDAS”.

Agrupamos en grupos mixtos de 4 rapaces e démoslles un sobre a cada un cunha poesía diferente de “Como se dibuja…” onde todos eran persoaxes humanos e recollida no poemario “Los poemas de la Oca Loca”. Nesta poesía faltaban 6 palabras ao final dalgúns versos. Primeiro tiveron que buscar unha palabra que rimando, puidese ir nese lugar. Despois dímoslles noutro sobre recortadas as palabras que faltaban e pegáronnas no seu lugar. E por último, coa personaxe do seu poema tiveron que facer pareados. Cos seus pareados fixemos un mural que levaron de agasallo.

A actividade foi un éxito grazas ao grupo tan riquiño de 30 nenos que estivo a traballar con nós. Moitísimas grazas a todos, e dende Bilbiorobiño avisamos que haberá segunda parte!










venres, 3 de febreiro de 2017

VISITA DE DISCAMINO

Hoxe, 25 de xaneiro de 2017, contamos coa presenza de Javier Pitillas e o seu equipo de Discamino: Anita, Javier, David e Gerardo. Tamén viñan apoiados de Estrella (nai de David) e Silvia (traballadora de ASPAVI).

Comezou Javier Pitillas explicando como se formou e qué é Discamino e a asociación ASPAVI de onde pertencen moitos deles.  Foi moi interesante compartir a experiencia e coñecer a xente incrible que ainda que non poden oler nin oír poden sentir e disfrutar do seu “Camino de los sentidos”.

Gerardo foi o invertor de Discamino. Naceu o 11 de abril de 1978, ten 38 anos  e é sordocego. A frase que o defíne é: “vexo pouco, escoito pouco e falo moito”. O que máis lle gusta é o deporte e a música. Cando a súa nai estaba embarazada tivo a rubeola o que desencadenou nunha sordoceguera. Fai xa 8 anos comezou a aventura de facer o camiño de Santiago. Ao chegar a Santiago Gerardo pronunciou a frase que fixo que Discamiño se puxera en marcha por moitos anos máis: “Busca máis xente coma mín para facer o camiño durante moitos anos”. E así foi como naceu un marabilloso proxecto onde se foron engadindo moitas persoas excepcionais:

Anita ten 42 anos e David 39  e ambos  teñen parálise cerebral. Non poden falar polo que comunícase cun sistema alternativo de comunicación. Ensináronnos como as novas tecnoloxías serven para dar axuda a persoas coma eles e puidemos escoitalos a través das súas tablets.  Javi é outro dos compoñentes e ainda que pode falar faino de forma lenta e imprecisa pero escoitar a súa experiencia foi fantástico.

Das diferentes historias podemos apreciar que “ningún se rinde ante nada e ante ninguén e todos chegan a conseguir as súas metas” esperemos que por moitos anos máis!!!!
Foi un pracer estar hoxe con vós!! Ata a próxima!!


Alumnos de 6ºB

Nós gozamos da súa visita. Agora ti podes gozar e coñecelos grazas á entrevista que lle fixemos para Radio Vilameán!!




POEMA PARA DISCAMINO

Gústalles o deporte,
gústalles loitar,
sempre subir
e nunca baixar.

O camiño dos sentidos
lograron comezar
e así unha gran batalla
poder por fin gañar.

As pedras do camiño
lograron apartar
cando nós só
poderíamos rodear.

Xente increíble
que aprendeu a loitar
sempre adiante
non mires atrás.


Alumnos de 6ºB


venres, 16 de decembro de 2016

POLA TOTAL INTEGRACIÓN E A DESAPARICIÓN DAS BARREIRA ARQUITECTÓNICAS OS 365 DÍAS DO ANO

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración! que bonito o fixestes!!! Aquí tedes o video de todo o cole!

Lemabrade, a diversidade: os 365 días do ano!!!




mércores, 30 de novembro de 2016

EL REGALO

Esta curtametraxe gañou máis de 50 premios en diferentes festivales de todo o mundo. Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade unímolo á selección de curtametraxes que podes atopar no seguinte enlace:







luns, 28 de novembro de 2016

ESPAZO LECTURA E O CENTRO JUAN MARÍA





Este mércores, con motivo do día da discapacidade, visitaranos na Casa da Lectura un grupo de mestras do Centro Juan María que nos van presentar o conto «Os músicos do Valmiñor», contando e signando. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.Un grupo de mestras do Juan María visitan a Casa da Lectura con motivo do día da discapacidade
Podes atopar este libro no andel de teatro da nosa biblioteca!!


3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este venres é día 3 de decembro, data na que se celebra en todo o mundo o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Este ano o centro Juan María invítanos a todos a andar en bicleta ao ritmo da música de Shakira e Carlos Vives con este vídeo tan emocionante. 
Pedaleemos xuntos!!!




xoves, 19 de maio de 2016

O VOSO LIBRO VIAXEIRO

O LIBRO VIAXEIRO  que acompañou a Lorenzo co seu cazo e a maleta está de volta na biblioteca. Podedes lelo e emocionarvos co voso traballo e o dos vosos compañeiros na sala de lectura ou tamén en calquera parte, porque o temos aquí mesmo dixitalizado!


Quedouvos espectacular! Un traballo incrible!


mércores, 18 de maio de 2016

CARREIRAS POLA INTEGRACIÓN

Dende a Biblioteca queremos animarvos a todos a participar nos seguintes eventos:
 I Carreira pola integración que se levará a cabo en Vigo (domingo 29) . Podedes atopar máis inforamción no seguinte enlace:




"ENKI es un proyecto social para la integración y visualización de colectivos y personas con diversidad funcional.
Carrera lúdica de obstáculos, abierta a la participación de todos los públicos, edades, con o sin diversidad funcional. 2,5km de obstáculos, pruebas, juegos de colaboración y sobre todo mucha diversión. El ganador no será el más rápido, sino el equipo más divertido, mejor disfrazado o el más numeroso.

Una fiesta a favor de la inclusión.
El 100% de los fondos recaudados serán destinados a favor de los colectivos que luchan por y para la defensa de las personas con discapacidad y su integración a través de la práctica de actividades deportivas."



En Coruxo celebrarase o Terceiro "Coruxo móvese" o 5 de xuño. Podes atopar máis información nos seguintes enlaces: 



 Porque este ano e sempre... VIVIR A DIFERENZA, GARANTIR A IGUALDADE!

xoves, 12 de maio de 2016

O MONSTRO DE CORES, POR 3ºA

Só temos palabras de agradecemento para o alumnado de 3ºA, que o pasado mércores 4 representou ata en sete ocasións a súa adapatación ao teatro de "O monstro de cores", o libro de Anna Llenas que todos coñecemos. Case todo o cole puido velos e sentir a rabia, o medo, a ledicia, o amor, a calma ou a tristeza que o monstro sinte no libro. Pero é que eles foron máis lonxe e nos amosaron tamén o que era o aburrimento, a vergoña e o nerviosismo. Foi verdadeiramente EMOCIONANTE.
Sodes uns artistas! Grazas e noraboa!
A que tes ganas de volver velo? 
Podedes atopar o libro no andel 17, de cor azul e con este picto: 



martes, 10 de maio de 2016

O CAZO DE LORENZO, A PELI



Ola compas!
Lorenzo e o seu cazo xa percorreron todo o cole. Xa coñece a cada un de vos e sabe canto traballades e como vos gustou ler os libros que levaba na súa maleta. Encantoulle esta excusión que comezou xa en novembro e acaba de rematar agora. Lorenzo, a súa maleta e o seu diario de viaxe xa están comigo aquí na biblio. Pronto todos poderemos ler as súas peripecias.
Mentres aquí podedes ver a animación do noso libro favorito. Se premedes no enlace ademais atoparedes información sobre quen o levou a gran pantalla. Gozade con el! Vémonos pronto!





martes, 3 de maio de 2016

LINGUA DE SIGNOS EN BIBIOROBIÑO

O pasado xoves, día 28 de abril, os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron a oportunidade de aprender un pouco a lingua de signos grazas a Rincón del Signo que viñeron á biblioteca. Practicamos o alfabeto dactilolóxico, as cores, algunhas palabras e os animais do conto "A que sabe a lúa?, que nos interpretaron en lingua de signos. Aquí podédelo ver todos.


Se estades interesados na lingua de xordos lemabrade que o noso himno da diversidade "Eu teño alguén no meu corazón" está interpreado nesta lingua. Os enlaces que tedes a continuación serviranvos para coñecer mellor esta forma de comunicarnos.




No andel de Lorenzo da biblioteca tedes unha colección de contos con DVD no que podedes tamén ver o conto en lingua de signos.


Espero que toda esta información sexa do voso interese!

Moitas grazas por lerme, Robiño