Hoxe,
25 de xaneiro de 2017, contamos coa presenza de Javier Pitillas e o seu equipo
de Discamino: Anita, Javier, David e Gerardo. Tamén viñan apoiados de Estrella
(nai de David) e Silvia (traballadora de ASPAVI).
Comezou
Javier Pitillas explicando como se formou e qué é Discamino e a asociación
ASPAVI de onde pertencen moitos deles.
Foi moi interesante compartir a experiencia e coñecer a xente incrible
que ainda que non poden oler nin oír poden sentir e disfrutar do seu “Camino de
los sentidos”.
Gerardo
foi o invertor de Discamino. Naceu o 11 de abril de 1978, ten 38 anos e é sordocego. A frase que o defíne é: “vexo
pouco, escoito pouco e falo moito”. O que máis lle gusta é o deporte e a
música. Cando a súa nai estaba embarazada tivo a rubeola o que desencadenou
nunha sordoceguera. Fai xa 8 anos comezou a aventura de facer o camiño de
Santiago. Ao chegar a Santiago Gerardo pronunciou a frase que fixo que
Discamiño se puxera en marcha por moitos anos máis: “Busca máis xente coma mín
para facer o camiño durante moitos anos”. E así foi como naceu un marabilloso
proxecto onde se foron engadindo moitas persoas excepcionais:
Anita
ten 42 anos e David 39 e ambos teñen parálise cerebral. Non poden falar polo
que comunícase cun sistema alternativo de comunicación. Ensináronnos como as
novas tecnoloxías serven para dar axuda a persoas coma eles e puidemos
escoitalos a través das súas tablets. Javi é outro dos compoñentes e ainda que pode
falar faino de forma lenta e imprecisa pero escoitar a súa experiencia foi
fantástico.
Das
diferentes historias podemos apreciar que “ningún se rinde ante nada e ante
ninguén e todos chegan a conseguir as súas metas” esperemos que por moitos anos
máis!!!!
Foi
un pracer estar hoxe con vós!! Ata a próxima!!
Alumnos de 6ºB
Nós gozamos da súa visita. Agora ti podes gozar e coñecelos grazas á entrevista que lle fixemos para Radio Vilameán!!
POEMA PARA
DISCAMINO
Gústalles o deporte,
gústalles loitar,
sempre subir
e nunca baixar.
O camiño dos sentidos
lograron comezar
e así unha gran batalla
poder por fin gañar.
As pedras do camiño
lograron apartar
cando nós só
poderíamos rodear.
Xente increíble
que aprendeu a loitar
sempre adiante
non mires atrás.
Alumnos de 6ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario