ETIQUETAS

Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 5º DE PRIMARIA



As clases de 5º de Primaria fixeron para a semana das Letras Galegas uns debuxos preciosos sobre o autor Carvalho Calero. Tedes moita man chicos e chicas, preciosos💗

martes, 12 de maio de 2020

domingo, 10 de maio de 2020

Letras galegas 2020 (2)

Feliz semana das Letras Galegas!!!

Deixámosvos aquí este enlace para que visualicedes unha web que publicou un libro con referencia a Ricardo Carvalho Calero, esperamos sexa do voso agrado, ten un libro e tamén música moi chula e actividades.
Desfrutádeo😘

http://aspitas.gal/





A POESÍA DE RICARDO CARVALHO CALERO




https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/a-poesia-de-carballo-calero-en-sete-palabras/

Neste enlace tedes algunhas das poesías mais recoñecidas de Ricardo Carbalho Calero, esperemos vos gusten.


martes, 5 de maio de 2020

Letras Galegas 2020

Para esta semana das Letras Galegas en confinamento propoñémosvos varios xogos e vídeo para recordar ao homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, esperamos vos gusten.




Un xogo:

https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo


Esta páxina onde facer actividades relacionadas con este día:

https://es.liveworksheets.com/nq214419dq


xoves, 16 de maio de 2019

A BIOGRAFÍA DE ANTÓN FRAGUAS SEGÚN O ALUMNADO DE 6º


O alumnado de 6º, coa colaboración do Equipo TIC do noso cole elaborou este marabilloso vídeo no que nos contan a vida de ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS.

Que bo traballo!!!

Queres máis? Lembra os libros que temos na biblioteca!


luns, 6 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS NO TEATRO!


O concello invitounos a pasar unha mañana no teatro para celebrar o
 DÍA DAS LETRAS GALEGAS


E desde o concello agasallaron a tod@s cun libro sobre historias de Fraguas.




venres, 26 de abril de 2019

ANTÓN FRAGUAS. LETRAS GALEGAS 2019



O ano 2019, a Real Academia da Lingua Galega dedicará o día das Letras Galegas a Antón Fraguas. Nesta entrada do blog iremos subindo enlances e recursos relacionados coa súa figura.

Así nos contou a noticia a páxina "Vigoalminuto"

o-dia-das-letras-galegas-2019


Esto é o que a Wikipedia nos conta da súa figura:

Antonio_Fraguas_Fraguas


Queres coñecelo?




Para ter máis información podes coller en Bibliorobiño o libro da editorial LELA "A detective peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas"



Agora que xa es unha experta ou experto, proba a seguir aprendendo coas actividades dixitais que nos ofrece o Seminario Galán.



venres, 11 de maio de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO

Xa é por todos coñecido que a escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas é María Victoria Moreno.
 No seguinte enlace podes ler todas as razóns que levaron á Real Academia Galega a elixila.





A continuación tedes varios enlaces a noticias e eventos sobre María Victoria Moreno estes días:


Bibliorobiño recoméndavos a súa biografía, publicada por Urco na collección "Mulleres bravas da historia"
 para coñecela a fondo.
E por suposto que gocedes coa lectura dos seus libros, os cales podes atopar xa na entrada da biblioteca.



Mergullándoos en internet atoparedes multitude de información!


E para traballar na aula... SEMINARIO GALÁN




xoves, 18 de maio de 2017

MANNEQUIN CHALLENGE. A VIDA DE CARLOS CASARES



Durante o festival das letras galegas vimos anacos do mannequin challenge que preparastes cos vosos e vosas profes. Queres volver velo sen cortes? Aquí está! Bo traballo!

Recordade que no enlace da Fundación Carlos Casares que atopades á dereita tedes toda información sobre o escritor homenaxeado.

xoves, 2 de marzo de 2017

CARLOS CASARES E A PRENSA




O autor ao que este ano lle adicamos as letras galegas, Carlos Casares, escribiu moitos artigos para diferentes xornais ao longo da súa carreira. Aquí tedes enlaces a algúns deles.

Tamén vos agasallamos con enlaces a noticias que falan del ou do seu traballo.

LA VOZ DE GALICIA. CARLOS CASARES EN ESTADO PURO

LA VOZ DE GALICIA. ESCOLMA DE ARTIGOS


LA VOZ DE GALICIA. ESCOLMA DE NOTICIAS SOBRE CARLOS CASARES

EL PAIS. ARTIGOS DE CARLOS CASARES

OSIL.INFO. ACTOS NO ANO CARLOS CASARES