Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xaneiro de 2020

CONTACONTOS NADAL


Para rematar ben o final de trimestre dous axudantes viñeron á biblioteca nos últimos días a facer uns contacontos para o resto de compañeir@s.
Un deles era inventado e deseñado e o outro un conto coñedido pol@s usuari@as da biblioteca.
En resumo paámolo moi ben e foi moi agradable a súa colaboración.








venres, 14 de decembro de 2018

POLO NADAL, UN LIBRO!

Como cada ano, nesta época do ano, chegan as recomendacións de Nadal!!!!

É unha actividade que me encanta: poder recomendar lecturas que me emocionan, me intrigan, que me poñen os pelos de punta, me fan bailar e cantar, aprender... É difícil decantarse por algún deles!

Ademais este ano, como novidade, recomendamos xogos de mesa. Sabedes que de 1º a 4º facemos un obradoiro de Xogos de mesa, e moitas das recomendacións son xogos que empregamos con eles e lles chiflan. Hainos de memoria, cooperativos, de atención, matemáticos... 

Esperemos que vos gusten!



Se lles queres botar un ollo, están expostos na entrada da bilbioteca!



E para rematar... a nosa selección de libros de nadal, que cada ano vai medrando un pouco máis!!!





luns, 18 de decembro de 2017

MAZAPÁN, TURRÓN E LECTURAS A MOGOLLÓN!


Como cada ano Robiño nos aconsella uns libros mooooi chulos para que incluamos nas nosas peticións para os Reis Magos. 

Podedes velos na entrada da biblioteca, elixir o que máis vos guste e sacar unha foto con el na hora do recreo no noso photocall. Despois subirémolas ao blog! Pero non te esquezas de incluílo na túa carta!




Preme na imaxe para ver as fotos máis grandes



domingo, 4 de decembro de 2016

POLO NADAL, QUE TE REGALEN LIBROS, NON ESTÁ MAL!!!

Como cada ano, Robiño quere facer unha recomendación para que Apalpador, Papá Noel e Reis Magos teñan unha idea de que libros agasallarvos polo Nadal. Esta ano xa están as recomendacións listas. Premede na imaxe para velas máis grandes. Podedes botarlle un ollo aos libros na entrada de Bibliorobiño para poder facer as vosas cartas!
Deixade nos vosos comentarios cales pediredes ou se xa tedes ou lestes algún!!


xoves, 1 de decembro de 2016

O NADAL CHEGA A BIBLIOROBIÑO

Como xa vén o tempo do nadal, en Bibliorobiño preparamos unha exposición de libros para empezar a saborear estas festas. Podedes levalos a casa, pero traédeo cediño para que moitos compas poidan gozar deles!
Por certo, que o Apalpadror deixou ahí o buzón para todos aqueles que decidades mandarlle a carta!