Amosando publicacións coa etiqueta Apadriñamentos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Apadriñamentos b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 24 de outubro de 2019
mércores, 23 de outubro de 2019
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA
martes, 30 de abril de 2019
ÚLTIMO APADRIÑAMENTO LECTOR DESTE CURSO...
xoves, 10 de maio de 2018
ASÍ FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO!
O día do libro é un día moi especial para a nosa biblioteca. Este ano, xunto cos nosos padriños, madriñas e afillados pensamos no que máis nos gusta de ler e entre todos fixemos un mural. Ademais compartimos lecturas e diversión.
Na biblioteca tamén apareceron uns libros misteriosos que moitos de nós levamos a casa. ti levaches algún? CÓNTANOLO!!!
Na biblioteca tamén apareceron uns libros misteriosos que moitos de nós levamos a casa. ti levaches algún? CÓNTANOLO!!!
Mentras nolo contas podes ver as fotos deste día tan chulo!
mércores, 1 de novembro de 2017
BIBLIOROBIÑO EN MARCHA!!!
Dende o pasado venres xa podemos gozar a tope coa nosa biblioteca e moitas das actividades que nos propón. Este ano para o pistoletazo de saída Robiño trouxo ás nosas aulas a "Biblioteca de aula".
Agora xa sabemos cal será o noso itinerario lector, que contén a mochila viaxeira e quen son os nosos padriños e afillados!!!
Ademais os nenos de 5º e 6º estarán axudándonos nos recreos, se non teñen "Clube de Lectura", claro, que entón Robiño pecha a Biblioteca só para eles.
Se queres ver como se coñeceron algunhas das clases apadriñadas non te perdas as seguintes fotos!!
Moitas grazas a todos por recibir un nova aventura da nosa biblioteca con moito entusiasmo. Coma sempre, estamos cargados de sorpresas!
venres, 16 de decembro de 2016
5ºB E 2ºB: CITA DO APADRIÑAMENTO
Podedes abrir o seguinte enlace ao blog de 2ºB para ver o encontro que tiveron esta dúas clases. no que afillados e padriños léronse uns aos outros
mércores, 16 de novembro de 2016
A REBELIÓN DAS VERDURAS (1ª PARTE)
Os nenos e nenas de 6ºB o pasado martes convertéronse en rebeldes verduras para os seus afillados de 3 anos.
Como o oídes. Había cabazas, chícharos, acelgas, brécol, alcachofas, pementos, cenorias, coliflor, coles de bruselas, berenxenas, cebolas, rábanos, tomates... a maioría moi enfadados porque non os queredes comer. Din que lles facedes ascos, que os apartades do plato e ata que os vosos pais os tiran á basura. Elas queren acabar con isto. Conseguiranno? A adaptación ao teatro do libro "La rebelión de las verduras" foi unha pasada!!
Fixéronno tan ben, tan ben, que Robiño pediulles que repetiran a sesión para inaugurar os contacontos da tarde en bibliorobiño! Pronto poderedes ver a obra completa. Mentres, aquí tedes unhas imaxes moi riquiñas dos maiores e os pequenos do cole interactuando despois da función.

COCIÑANDO ANDO
Que padriños e afillados máis sortudos!! o alumnado de 5ºB e 2ºB foron xuntos cociñar receitas terroríficas polo Samaín e para inaugurar o Receitario Viaxeiro que vai na mochila viaxeira.
Queres saber o que cociñaron? Atréveste a probalo? Neste video tes o proceso!
luns, 14 de novembro de 2016
SEMANA DE APADRIÑAMENTOS NO COLE!!! 6ºA E 1ºA
Nenos e nenas de 6ºA recibiron este xoves na súa aula aos seus afillados de 1ºA para facerlle unha representación dun dos nosos contos favoritos. Aquí vos vai unha pista: PICOTÍ, PICOTÁ, AI QUE RICO...
mércores, 9 de novembro de 2016
XA TEMOS PADRIÑOS E MADRIÑAS!
Este curso unha das novidades de Bibliorobiño son os apadriñamentos. Si, si, liches ben. Os que estades en 3º, 4º, 5º ou 6º sodes padriños ou madriñas de nenos e nenas que están en cursos inferiores. Esto quere dicir que este curso os visitaredes con frecuencia para facer actividades diferentes como ir á cociña, á horta da escola e para compartir libros e historias.
Esta semana xuntarédevos todos para compartir algunha actividade lectora. Xa nolo contaredes!
Esta semana xuntarédevos todos para compartir algunha actividade lectora. Xa nolo contaredes!
5ºB e 2ºB, padriños e apadriñados lectores
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)