O alumnado de 4ªA quixo coñecer o Xapón e fixeron moitas actividades e ensinanzas sobre este máxico país que xa quedará para sempre no seu corazón.
BANZAI!!!
Aquí tedes un vídeo precioso sobre todos os animais de distintas partes do mundo que traballaron os nenos e nenas máis maiores de Infantil, fixeron uns traballos fermosísimos💓
Este ano o noso proxecto como xa sabedes é o mundo, velaquí temos varios traballos qe están a facer as diferentes aulas do cole sobre o país que elexiron, este corresponde aos nenos e nenas de 2ºA que se dispuxeron a coñecer en profundidade a cultura exipcia.
Robiño este ano propúxonos marchar de viaxe e acompañalo a moitas partes do mundo xa que estivo de vacacións e troúxonos un montón de libros dos que poderemos desfrutar ao longo deste ano e tamén traballar con eles e aprender moitas cousas en referencia aos países, costumes, comidas, vestimentas, historia, xeografía, e personaxes recoñecidos do mundo da arte, ciencia, letras, tamén de recoñecemento social polas súas actividades, accións e propostas... Esperamos, desde o equipo da biblioteca, que sexan do voso agrado, que os desfrutedes e que sexades capaces con eses libros e co resto dos hai da biblioteca de voar, investigar, ter un espírito crítico e descubrir momentos marabillosos ao lado deses libros.
ATREVÉDEVOS A VOAR COA IMAXINACIÓN!!!!!
Recordade que tedes como o ano pasado un buzón de suxestións para comentarnos o que queirades.