ETIQUETAS

Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta GUÍAS DE LECTURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GUÍAS DE LECTURA. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NADAL

Este nadal como os anteriores desde a biblioteca do centro volvéronse a facer as recomendacións sobre libros interesantes por ser novidades nalgúns casos e tamén por estar en concordancia co tema anual do cole.
Esperamos que vos gusten e Papá Noel e os Reis Magos vos trouxeran algúns.









venres, 14 de decembro de 2018

POLO NADAL, UN LIBRO!

Como cada ano, nesta época do ano, chegan as recomendacións de Nadal!!!!

É unha actividade que me encanta: poder recomendar lecturas que me emocionan, me intrigan, que me poñen os pelos de punta, me fan bailar e cantar, aprender... É difícil decantarse por algún deles!

Ademais este ano, como novidade, recomendamos xogos de mesa. Sabedes que de 1º a 4º facemos un obradoiro de Xogos de mesa, e moitas das recomendacións son xogos que empregamos con eles e lles chiflan. Hainos de memoria, cooperativos, de atención, matemáticos... 

Esperemos que vos gusten!



Se lles queres botar un ollo, están expostos na entrada da bilbioteca!



E para rematar... a nosa selección de libros de nadal, que cada ano vai medrando un pouco máis!!!





luns, 22 de outubro de 2018

SAMAÍN


Este ano os libros de Samaín fannos tremer de medo levándonos a lugares terroríficos. Podes ver a nosa selección no corredor da planta baixa:


Pronto poderemos ver as vosas creacións terroríficas deste ano!!!

luns, 18 de decembro de 2017

MAZAPÁN, TURRÓN E LECTURAS A MOGOLLÓN!


Como cada ano Robiño nos aconsella uns libros mooooi chulos para que incluamos nas nosas peticións para os Reis Magos. 

Podedes velos na entrada da biblioteca, elixir o que máis vos guste e sacar unha foto con el na hora do recreo no noso photocall. Despois subirémolas ao blog! Pero non te esquezas de incluílo na túa carta!




Preme na imaxe para ver as fotos máis grandes



xoves, 2 de marzo de 2017

BIOGRAFÍA DE ROSALÍA

Resultado de imagen de MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA

Que mellor maneira de festexar o aniversario de Rosalía de Castro que lendo a súa biografía, dentro da colección "Mulleres bravas da nosa historia"
Podes atopala no andel de biografías xunto con outras de persoeiros igual de importantes ca ela na nosa historia.

domingo, 4 de decembro de 2016

POLO NADAL, QUE TE REGALEN LIBROS, NON ESTÁ MAL!!!

Como cada ano, Robiño quere facer unha recomendación para que Apalpador, Papá Noel e Reis Magos teñan unha idea de que libros agasallarvos polo Nadal. Esta ano xa están as recomendacións listas. Premede na imaxe para velas máis grandes. Podedes botarlle un ollo aos libros na entrada de Bibliorobiño para poder facer as vosas cartas!
Deixade nos vosos comentarios cales pediredes ou se xa tedes ou lestes algún!!


xoves, 1 de decembro de 2016

O NADAL CHEGA A BIBLIOROBIÑO

Como xa vén o tempo do nadal, en Bibliorobiño preparamos unha exposición de libros para empezar a saborear estas festas. Podedes levalos a casa, pero traédeo cediño para que moitos compas poidan gozar deles!
Por certo, que o Apalpadror deixou ahí o buzón para todos aqueles que decidades mandarlle a carta!

mércores, 13 de xaneiro de 2016

LENDO POLA PAZ


Este ano Robiño tennos preparada unha boa selección de libros sobre a paz. Xa os podedes atopar na zona de exposicións temporais de BIBLIOROBIÑO. Lembra que están dispoñibles para préstamo (agás as novidades) e todos teñen a imaxe de Robiño "Lendo pola Paz".

Bótalles aquí un ollo!

Hai libros que nos falan de persoeiros que loitaron pacíficamente pola paz e polos dereitos das persoas máis desfavorecidas.



Libros con personaxes de diferentes culturas e diferentes cores de pel e rasgos físicos.


Libros con músicas do mundo. 


Hai libros de consulta, poesía e historias emocionantes. Hainos para todas as idades!


Os libros, poderédelos atopar no seu sitio en BIBLIOROBIÑO cando se recolla a exposición. So tes que fixarte no tejuelo para saber localizalo en vindeiras ocasións.

RESPETANDO A DIVERSIDADE FOMENTAMOS A PAZ!!








luns, 21 de decembro de 2015

QUE BEN SENTA LER!

 Un ano máis as Bibliotecas Escolares do Val Miñor, BEVALMI, queren propoñervos lecturas interesantes para pasar as vacacións de Nadal e para que incluades nas vosas cartas aos Reis Magos, o Apalpador ou Papá Noel un libro.
 Estas dúas últimas semanas de clase puidestes botarlles un ollo en BIBLIOROBIÑO.

E TI, CAL TE LLES VAS PEDIR?