Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de marzo de 2021

OS ENTROIDOS DO CAMIÑO

 OLA AMIGAS E AMIGOS INVESTIGADORES!!

Xa vexo que as vosas investigación sobre o Entroido polas diferentes vilas dos Camiños foron moi boas!! Case todas as clases conseguistes o selo!! Que ben!!

Agora toca compartir o aprendido, por que o coñecemento, se non é compartido, non vale para nada. 


CLASE 3ºA



LUCY 4ºB



CAYETANA 4ºB




GRETA 6ºA

https://drive.google.com/file/d/1Xw_P-kQrd7cMXpGgRQqEwWsIMu2sjQ0i/view?usp=sharing

luns, 8 de febreiro de 2021

RETO 4!! ENTROIDANDO NO CAMIÑO

 Ola compañeiras e compañeiros! 

Este novo reto pasarémolo de FESTA!!!

Gústavos o entroido? Gústavos entroidar? É unha das miñas festas favoritas.

Neste novo reto investigaremos sobre diferentes entroidos que se festexas en diferentes vilas e cidades: 

        Que pasaría se fixésemos o camiño de Santigo nestas festas?

Mira as seguintes fotos, escolle a que máis che guste e investiga sobre este entroido:
  • Onde se festexa?
  • Que camiño de Santiago pasa por esta vila ou cidade?
  • Cal é a tradición?
  • Cal é o día grande da festa?   
  • Hai algunha personaxe ou atuendo típico de entroido?
  • Pódesnos contar algo máis?

PELIQUEIROS


ENTERRO DA SARDIÑA


MERDEIROS


O OSO DE SALCEDO


RAVACHOL


OS E AS XENERAIS


Estes son só algúns dos Entroidos galegos, pero hai moitos máis!! Coñeces algún outro entroido polo que pase O Camiño?

Esperamos as vosas respostas ata o día 26 de Febreiro!!!









domingo, 23 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020




Aquí tedes unha ligazón para poder traballar e ver como é o entroido en Galicia a través dos Bolechas

http://osbolechas.gal/entroido/index.html


xoves, 20 de febreiro de 2020

UN ENTROIDO DE CONTOS. 2020

Este entroido adicouse a contos populares do país que se estaba a traballar en cada aula e este foi o resultado.