luns, 8 de febreiro de 2021

RETO 4!! ENTROIDANDO NO CAMIÑO

 Ola compañeiras e compañeiros! 

Este novo reto pasarémolo de FESTA!!!

Gústavos o entroido? Gústavos entroidar? É unha das miñas festas favoritas.

Neste novo reto investigaremos sobre diferentes entroidos que se festexas en diferentes vilas e cidades: 

        Que pasaría se fixésemos o camiño de Santigo nestas festas?

Mira as seguintes fotos, escolle a que máis che guste e investiga sobre este entroido:
  • Onde se festexa?
  • Que camiño de Santiago pasa por esta vila ou cidade?
  • Cal é a tradición?
  • Cal é o día grande da festa?   
  • Hai algunha personaxe ou atuendo típico de entroido?
  • Pódesnos contar algo máis?

PELIQUEIROS


ENTERRO DA SARDIÑA


MERDEIROS


O OSO DE SALCEDO


RAVACHOL


OS E AS XENERAIS


Estes son só algúns dos Entroidos galegos, pero hai moitos máis!! Coñeces algún outro entroido polo que pase O Camiño?

Esperamos as vosas respostas ata o día 26 de Febreiro!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario