Amosando publicacións coa etiqueta O libro da semana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O libro da semana. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de febreiro de 2016

RARO




 Tomás non sae nunca á rúa. Fóra da seguridade do fogar axexan os perigos: todo lle resulta inestable. Só nas horas en que se sinte máis consolado, atrévese a observar dende a fiestra a vida activa do seu barrio.


E un deses días advirte que chegarosn novos veciños. A filla destes veciños usa unha cadeira de rodas. Entre ela e Tomás surxirá unha nova amizade que levará o noso protagonista a coñecer o barrio no que vive e perder o medo por ser diferente os demáis.

Raro, de Macos Calveiro. Editorial Ala Delta

mércores, 17 de febreiro de 2016

A COMPLICADA VIDA DE BIEITO VIQUIERA




A historia de Bieito é unha divertidísima aventura de como conseguir o amor de Marta, unha compañeira do colexio. Para iso urdirá unha serie de falcatruadas cos seus amigos aínda que non saía como el espera.

Todo isto se torce cando sua nai lle conta que teñen que cambiar de cidade. Bieito intentará á desesperada que Marta se fixe nel, causando situacións moi cómicas.


O que nos quere transmitir o autor neste conto, é que cada un ten que ser fiel a si mesmo e non intentar ser outra persoa.



AUTOR: Antonio Yánez Casal
EDITORIAL: Ala Delta

martes, 26 de xaneiro de 2016

O PRÍNCIPE NAMORADO



TÍTULO: EL PRÍNCIPE ENAMORADO. 
AUTOR: CARLES RECIO ALFARO
EDITORIAL: LA TEMPESTAD


Este conto é outro modelo de tolerancia sobre a homosexualidade. É un exemplo de respeto ao próximo, sexa cal sexa a súa condición sexual, racial, relixiosa e socio – económica.

Cando o príncipe namórase non lle importa romper con todas as barreiras da súa clase social, sexo e relixión, pois  namórase de Karim, un servinte seu, que é musulmán. Isto desata as iras de parte da súa familia que o quere ver casado  cunha princesa pola que Jaime non sinte ningún afecto.

O  príncipe namorado loitará contras as fronteiras.


Unha vez máis,a través do protagonista dunha historia ensínanos como hai que optar por amosar abertamente a nosa forma de ser, sendo un mesmo.

domingo, 10 de xaneiro de 2016

FEDE DIFERENTE

Fede diferente, Miriam Koch, Ed. Corimbo





"Fede diferente" é un conto que nos trouxo Lorenzo na súa maleta e chamounos a atención porque o seu  formato non é igual, asemella un álbum.


Nas primeiras páxinas do libro vemos que Fede Diferente é un año que non é como os demais; el o sabe e síntese solo..

Fede é un año con raias vermellas e brancas que está separado do seu rabaño, non encaixa no seu grupo, síntese marxinado…

Un día obedece ao impulso de perseguir algo semellante a el: un globo que é igual ca el.
Fede vai en busca de alguén a un lugar onde non se sinta só e o acepten tal como é: "un lugar onde ser diferente sexa o bo".
Finalmente, tras o paso pola cidade e despois de viaxar en tren e experimentar cos 5 sentidos, atopará o seu lugar no mundo.
Fede, ao igual ca con Lorenzo, amósanos unha valiosa ensinanza: a aceptación dun mesmo e anímanos ao optimismo.


Remataremos cunha cita de Confucio:"Alá onde vaias, vai con todo o teu corazón".


Alumnado de 6º

AMIGOS E VECIÑOS



Amigos y vecinos, Lawrence Shcimel. Ed. La librería




“Amigos e veciños” é o eixe fundamental da nosa temática sobre a diversidade.
“Amigos e veciños” nos conta a historia de Edu e Paco, dous nenos que viven no barrio de Chueca, en Madrid. Edu vive con dous pais e Paco con ningún, aínda que a súa nai ten un mozo novo que non lle cae moi ben.
Os protagonistas deste relato terán que enfrontarse coa intransixencia, a intolerancia e os prexuízos, pero iso non lles impedirá deixar de ser amigos e veciños.
A través desta lectura comtemplamos a diversidade de familias que existen; familias monoparentais, como é o caso de Paco, así como, familias adoptivas e as familias de parellas homosexuais como é o caso de Edu.
A homosexualidade, temática principal do grupo de 6º, é unha variable máis na diversidade dos individuos e haina que tratar con naturalidade.

A discriminación fainos máis cativos como seres humáns, por iso, os nenos de 6º consideramos que todos: pais, irmáns, ...temos a obriga de concienciarnos, fortalecernos e facernos máis libres de presións sociais e prexuízos que só poden ser negativos para o noso desenvolvemento como persoas. 



Alumnado de 6º

O CAZO DE LORENZO

El cazo de Lorenzo, Isabelle Carrier.



O cazo de Lorenzo é unha historia metafórica que fala sobre as diferenzas.

Quizais a principal lección que se esconde nas súas letras, é que as persoas con discapacidade, que neste caso simula o balde vermello, non necesariamente temos que velas como unha molestia. É certo que, ás veces, impide unha vida normal, pero Lorenzo é capaz de  superar os obstáculos, contando co cariño de persoas que mediante a súa axuda ensínanlle a saber levar, adaptarse e afrontar os novos retos.


Da mesma maneira, deberíamos todos adicar un tempo suficiente para ver a discapacidade como algo propio da persoa, e axudar os que viven con ela na súa adaptación e inclusión no mundo de hoxe. E así, probablemente van ter maior autoestima que lles permite, igualmente, levar unha vida plena e feliz.



Alumnado de 6º