domingo, 10 de xaneiro de 2016

AMIGOS E VECIÑOS



Amigos y vecinos, Lawrence Shcimel. Ed. La librería




“Amigos e veciños” é o eixe fundamental da nosa temática sobre a diversidade.
“Amigos e veciños” nos conta a historia de Edu e Paco, dous nenos que viven no barrio de Chueca, en Madrid. Edu vive con dous pais e Paco con ningún, aínda que a súa nai ten un mozo novo que non lle cae moi ben.
Os protagonistas deste relato terán que enfrontarse coa intransixencia, a intolerancia e os prexuízos, pero iso non lles impedirá deixar de ser amigos e veciños.
A través desta lectura comtemplamos a diversidade de familias que existen; familias monoparentais, como é o caso de Paco, así como, familias adoptivas e as familias de parellas homosexuais como é o caso de Edu.
A homosexualidade, temática principal do grupo de 6º, é unha variable máis na diversidade dos individuos e haina que tratar con naturalidade.

A discriminación fainos máis cativos como seres humáns, por iso, os nenos de 6º consideramos que todos: pais, irmáns, ...temos a obriga de concienciarnos, fortalecernos e facernos máis libres de presións sociais e prexuízos que só poden ser negativos para o noso desenvolvemento como persoas. 



Alumnado de 6º

Ningún comentario:

Publicar un comentario