Amosando publicacións coa etiqueta Curtametraxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curtametraxes. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de novembro de 2017

BAIXO O MESMO PARAUGAS. DÍA DA DISCAPACIDADE



Como cada ano o noso centro colabora co Centro Juan María no día da discapacidade, o 3 de decembro. Este ano co lema "Baixo o mesmo paraugas", reflexionaremos sobre a necesidade de todas as persoas a participar e sentirse parte da nosa sociedade.

Esta proposta ademais viaxará a tres puntos de Galicia: Coruña, Vigo e Pontevedra, cidades nas que durante o fin de semana haberá unha marea de paraugas pola diversidade. Estades todos convidados o domingo ás 12:00 na explanada do Náutico en Vigo.

NOTICIA EN TELEMARIÑAS

NOTICIA EN FARO DE VIGO


A diversidade fainos mellores!!

Podes escoitar no seguinte enlace a canción que bailaremos todos o venres despois do recreo. O noso cole será un paraugas xigante no que TODOS E TODAS temos cabida.


E xa para despedirnos por hoxe unha curtametraxe dos super poderes dalgúns superheroes que son compañeiros nosos de clase, amigos do parque, veciños...  ACADEMIA DE ESPECIALISTAS, 


Gustouche o vídeo? Tes máis na pestana de curtametraxes!



mércores, 30 de novembro de 2016

EL REGALO

Esta curtametraxe gañou máis de 50 premios en diferentes festivales de todo o mundo. Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade unímolo á selección de curtametraxes que podes atopar no seguinte enlace:







martes, 10 de maio de 2016

O CAZO DE LORENZO, A PELI



Ola compas!
Lorenzo e o seu cazo xa percorreron todo o cole. Xa coñece a cada un de vos e sabe canto traballades e como vos gustou ler os libros que levaba na súa maleta. Encantoulle esta excusión que comezou xa en novembro e acaba de rematar agora. Lorenzo, a súa maleta e o seu diario de viaxe xa están comigo aquí na biblio. Pronto todos poderemos ler as súas peripecias.
Mentres aquí podedes ver a animación do noso libro favorito. Se premedes no enlace ademais atoparedes información sobre quen o levou a gran pantalla. Gozade con el! Vémonos pronto!





domingo, 6 de marzo de 2016

CURTAS POLA IGUALDADE

Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, como xa vos dixen o pasado venres, en BIBLIOROBIÑO durante esta semana na hora do recreo, poderedes ver vídeos como estes que están a continuación! Anímate a vir e a deixar os teus comentarios do que che parecen!

HAY ALGO MÁS ABURRIDIDO QUE UNA PRINCESA ROSA?




CORRE COMO UNA NIÑA

EL PRÍNCIPE CENICIENTO

SUPERLOLA



RILEY EN CENTRO COMERCIAL

ROSA CARAMELO

UNA FELIZ CATÁSTROFE

ANDALUNA Y SAMIR

SANDRA DETECTIVE DE CUENTOS

SANDRA DETECTIVE DE CUENTOS

IGUALDAD DE GÉNERO

UNA BLANCANIEVES DIFERENTE

EL ABECEDARIO DE LAS PROFESIONES

LAS TAREAS DEL HOGAR

QUE QUERÉIS SER DE MAYORES?



BEBE "MALO ERES"

mércores, 24 de febreiro de 2016

TAMARA QUERE SER BAILARINA

Hoxe vos traio un curto moi emocionante, pero non vos quero desvelar o por qué. Védeo e reflexionade. Lembrade que os comentarios sempre son benvidos!


sábado, 12 de decembro de 2015

SEMANA DA DISCAPACIDADE EN BIBLIOROBIÑO

A semana do 30 de novembro ao 4 de decembro BIBLIOROBIÑO vos propuxo pasar os recreos dunha forma diferente: vendo uns vídeos que Robiño seleecionou para vós sobre a diversidade. Aquí podedes atopar algúns deles. 



Hugo, un amigo con Asperger




Por 4 esquinitas de nada


Los colores de las flores




El viaje de María




Una luz diferente




Súper Antonio





Sí podemos





Lo incorrecto, una nueva mirada hacia la dicapacidad



Caillou explica como se sinte un neno con autismo