xoves, 12 de maio de 2016

O MONSTRO DE CORES, POR 3ºA

Só temos palabras de agradecemento para o alumnado de 3ºA, que o pasado mércores 4 representou ata en sete ocasións a súa adapatación ao teatro de "O monstro de cores", o libro de Anna Llenas que todos coñecemos. Case todo o cole puido velos e sentir a rabia, o medo, a ledicia, o amor, a calma ou a tristeza que o monstro sinte no libro. Pero é que eles foron máis lonxe e nos amosaron tamén o que era o aburrimento, a vergoña e o nerviosismo. Foi verdadeiramente EMOCIONANTE.
Sodes uns artistas! Grazas e noraboa!
A que tes ganas de volver velo? 
Podedes atopar o libro no andel 17, de cor azul e con este picto: 



Ningún comentario:

Publicar un comentario