luns, 28 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER EN BIBLIOROBIÑO

O martes no noso centro recibimos visitas moi especiales. Era o día da Muller Traballadora e Robiño concertou tres citas moi especiais.

Unha delas ben ao  cole todos os días, tratábse de Cristina Fernández Piñeiro, profesora de 4ºA. Outra tamén ben moi a miúdo ao cole, Rosi, nai de Noa e Anxo Couso, dous compañeiros de infantil. E por último, pero non menos importante, Albino, home tecedor do Val Miñor. Seguide lendo, que vos conto porque lles fixemos esta pequena homenaxe. Aínda que se escoitastes RADIO VILAMEÁN ese día seguro que xa o saberedes!



Cristina Fernández Piñeiro


Loitadora, mestra, comprometida, amiga, nai, traballadora pero sobre todo MULLER!!!

Os alumnos de  4°, 5° e 6° celebraron o Día da Muller traballadora cun pequeno homenaxe a unha figura moi recoñecida no mundo deportivo do balonmán. Ela foi árbitro internacional ata a súa retirada no ano 2007. No seu palmarés atopamos 6 finais do rei masculino e 6 finais da raíña femininas, campionatos e liga internacionais en Turquía, Dinamarca, Alemania, Eslovaquia, Hungría, China, Costa de Marfíl....e poderíamos citar moitísimos países do mundo. Tivo a honra de levar a antorcha olímpica nos xogos olímpicos de Barcelona 1992. 
Conviviu nun mundo de homes nun momento complicado para as mulleres e abriu a porta para que otras seguiran as súas pegadas. Todo un referente entre as mulleres e temos a sorte de tela na nosa escola pública!!!

Aquí podedes ver algunhas das entrevistas que lle fixeron na televisión galega e na televisión española. Tamén a podedes ver levando a antorcha olímpica!!!




ROSI PEREIRA GONZÁLEZ

Rosi traballa no parque de bombeiros de Nigrán. É bombeira! Os nenos e nenas de infantil estiveron con ela na biblioteca e contounos unha historia dunha nena da que se rían os seus compañeiros cando lle decían que quería ser bombeira. Seica pensaban que as mulleres non podían ser bombeiras! Pero Rosi viu para demostrarnos que as mulleres, igual ca os homes poden traballar naquilo que se propoñan, sempre e cando loiten por conseguilo. Tamén nos contou que traballos fan os bombeiros, como son os seus traxes e ata viu o coche de bombeiros. Aquí tedes algunhas fotos:







ROSI, BOMBEIRA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

ALBINO

Os alumnos e alumnas de de 1º, 2º e 3º recibimos a visita de Albino, unha persoa polifacética. Que quere dicir este “palabro”? Quere dicir que lle gusta facer moitas cousas. 
Albino contounos que traballa con FÍOS, é tecedor. Trouxo un tear vertical para que miraramos que é TECER. Como tivemos moi pouco tempo invitounos a visitar o seu taller de Gondomar onde hai un montón de teares.
Albino díxonos algo moi importante:
 “ Unha persoa poder ser o que quere ser se loita por conseguilo”
Cando el era pequeno quería aprender a ganchillar, a calcetar, a coser, cociñar, etc. A súa, avoa e a sua mami non querían ensinarlle por que  dicían que era COUSA DE NENAS!! A pesar disto conseguiu o que quería e agora sabe facer todas esas cousas: cose, cociña, tece, etc.









Ningún comentario:

Publicar un comentario