xoves, 3 de marzo de 2016

IGUALDADE NA DIVERSIDADE


Ola amigos!
Esta semana veño con moitas novidades. O día 8 de marzo é o "Día Internacional da Muller Traballadora", no que se conmemora a loita da muller pola súa participación, en  igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persona. 
Por isto convídovos a todos a que veñades nos recreos durante esta semana á aula de audiovisuais de BIBLIOROBIÑO, onde poderedes ver curtametraxes e outros materiais audivisuais relacionados con este tema durante a hora de recreo.
Nesta aula, que por certo está renovada, espéravos unha boa amiga miña, Rosa Caramelo, unha elefanta que recorreu un longo camiño para chegar ata aquí. Entrade a modo para non asustala! Creo que viu moi cargada... pero iso xa volo irei contando...
Agárdovos a todos do luns ao venres en AUDIOVISUAIS!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario