mércores, 2 de marzo de 2016

EXHIBICIÓN DE MAXIA E CUBO RUBIK

O mércores 2 de marzo Falu, un antigo alumno do cole, veu a colaborar a BIBLIOROBIÑO. Como ben dixo a súa nai, Falu ten un don especial, unha habilidade case máxica para facer o famoso cubo rubik nun tempo récord. E así no lo demostrou. Resolveuno cunha facilidade pasmosa. Ademáis deixounos probar outros cubos e pirámides!

Falu tamén nos deixou abraiados cos trucos de maxia que nos fixo. Fixo aparecer unha moeda no peto dun asistente, fixo trucos con cartas e ata adiviñou o número que estabamos pensando!!

Moitas grazas por vir, Falu, e moitas grazas a túa familia pola colaboración. Esperámoste pronto para que nos fagas desaparecer a todos, (ou polo menos a uns cantos...)

Aquí podedes ver un vídeo da actividade. GRACIAS POR VIR!

8 comentarios:

  1. XENIAL FALU! Moitas grazas por vir!!! Moitos nenos e nenas de 1ºB estiveron alí. Queren comentar o seguinte!: "Carai, Falu, qué rápido o fixeches!". "Estamos alucinados", "Foi MOI DIVERTIDO", "Gustounos moito","Foi incríble!!" G R A Z A S ! ! Volve con máis trucos, Falu!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas pola túa visita!! Gustounos moito ao meu irmán e a mín...
    Pasamos un rato moi divertido!
    Aroa e Lucas Lago.

    ResponderEliminar
  3. FALU OS CUBOS DE RUBIG SON O TEU BUENO SEN FALAR DO TRUCO DA MONEDA ESO XA ME DEIXOU COA BOCA ABERTA DE TODO E...

    ResponderEliminar
  4. Hola Robiño o video de tu enemigo es una pasada!!!.E o video de Falu e increible!!!
    Gabriel Rodríguez de 4ºB e David Figueroa de 4ºA

    ResponderEliminar
  5. Me encnto o video de Falu cos cubos de rubig
    Marta 2-b

    ResponderEliminar
  6. Hola,son Yulia de 6ºA,o meu ordenador non me dexa ver os vídeos,tedes algún consello?Grazas!!

    ResponderEliminar
  7. Encantoume o vi deo de Falu.O libro da semana raro Encantoume porque xa o lira 1 vez.Chao Robino!!!SHEYLA 5°A
    ^_^

    ResponderEliminar
  8. que pasada e impresionante como o fai MARIA 5B E MANU 4 ANOS B

    ResponderEliminar