O día 24 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" no cole. Pronto atoparedes fotos dos vosos murais, pero mentres, como sei que gustades moito de cantar, déixovos o seguinte vídeo, do libro CD "Rosalía Pequeniña", editado por Galaxia, con poemas da nosa poetisa cantados por Uxía Senlle e outros grandes artistas galegos.
Un clásico da música galega é "Adiós Ríos, adiós fontes" interpretado por Amancio Prada. Por se aínda non o coñeces, ou queres volver oílo, aquí volo traio.
Migallas tamén se atreve a facer unha versión cantada do poema "Eu ben vin estar o moucho" no seu libro cd "Pan de Millo". Atréveste a cantala e mandarme o vídeo a bibliorobino@gmail.com?
E se vos sabe a pouco, sabede que en BIBLIOROBIÑO atoparedes outros cds e libros onde poderedes seguir cantando a Rosalía, como Rap Poemas, de Aída Alonso.
Aquí podes consultar unha noticia do 2013 no que se fan eco desta publicación:
Agora mesmo podedes atopar todos estes libros no recanto da lingua que acaba de estrenar o Equipo de Normalización Lingüística dentro da nosa biblioteca. A por eles!!
Moi bonita a canción de Rosalía e o vídeo! Os nenos e nenas de 1ºB estivémolo escoitando un trozo cos OLLOS PECHADOS!. Os nenos e nenas din: "Sentinme moi a gusto coa canción e sentinme coma se estivese dentro do vídeo", "sentinme máis tranquila", "os debuxos son moi bonitos", "gustoume o estribillo".
ResponderEliminar