mércores, 21 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Ola a todos e todas.
 Como cada 24 de febreiro Rosalía de Castro cumple anos. Dende Bibliorobiño queremos darlle os nosos parabéns. Como imos facelo? Coñecéndoa un pouco máis a través desta presentación, na que a súa vez presentaranos a un gran poeta que a admira moito: Antonio García Teijeiro.

Preme no enlace para recordar quen é a nosa poetisa máis querida e valente:



Te quedaches con ganas de máis? Pois atento: Propoñemos que nas aulas ou na biblioteca durante os recreos, completedes este xogo cos escornabots e Rosalía. Os que teñades a folla de respostas cuberta, podedes deixala no buzón da biblioteca. 

Esperámoste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario