mércores, 25 de xaneiro de 2017

UNHA LECTURA MOI DOCE

Esta semana houbo dobre sesión de CLUBE DE LECTURA na nosa biblioteca. Robiño está encantado!!

Por un lado, o martes reuniuse o clube de 5º, no que comentaron o libro que leron: Charlie e a fábrica de chocolate.

O venres foi o turno do Clube de 6º, que na súa primeira reunión recibiu uns agasallos e o primeiro libro que van ler.

Non vos podemos contar máis porque:

 O QUE PASA NO CLUBE DE LECTURA, QUEDA NO CLUBE DE LECTURA.

Só un apunte: Puxémonos as botas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario