De 3 anos a 6º fostes uns usuarios estupendo e colaborastes a tope coas actividades e lectura que vos propuxo Robiño.
Queredes saber o que se fixo? Pois aquí tedes unha pequena mostra:
4º INFANTIL: O semáfaro das cores. Aprendimos o que podemos facer e non facer na Biblioteca
5º E 6º DE INFANTIL: Aprendimos como funcionan as bibliotecas cos nosos amigos Os bolechas:
1º de PRIMARIA: Coñeceron a historia de Ramoncín, un neno apaixoado polos golfiños. Grazas a el xa saben onde atopar libros para aprender cousas na biblioteca. Tamén son expertos sabedores de como levar un libro en empréstito e como devolvelo!
In vitámosvos a todos a intentar poñer estes pasos en orde!
2º de PRIMARIA: Sabemos localizar libros de consulta de diferentes materias grazas a "O incrible neno devorador de nenos", o libro escrito por Oliver Jeffers.
4º de PRIMARIA: Aprendeu o significado das etiquetas dos libros e xa saben de que informa a cuberta do libro.
5º e 6º de PRIMARIA: Foron moi bos detectives e atoparon datos moi curiosos nos nosos libros de consulta. Eles si saben para que vale a CDU de Robiño!
Agora búscate nas fotos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario