mércores, 25 de xaneiro de 2017

EU ELIXO QUE ME TRATEN BEN

O 30 de xaneiro, como cada ano, festexaremos no cole o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia". O noso lema é: "ELIXE QUE TE TRATEN BEN, ELIXE TRATAR BEN". Para simbolizar que todos nos unimos a este bo trato estamos enchendo o cole coas nosas mans.
Dende Bibliorobiño ofertamos uns libros que nos falan de paz, de non violencia, de resolución de conflitos de forma pacífica, falando, que é como mellor nos entendemos. Podedes levalos prestados a casa!!



O próximo luns verémonos todos nunha xornada de convivencia no centro: teatro, programa de radio no patio cun especial sobre a PAZ e despois a nosa actividade favorita: un encontro cos nosos padriños e apadriñados!!! Estou desexando ver o que vos tedes preparado!

E porque escoitar música tamén é paz déixovos cunhas propostas musicais:



"Se buscan Valientes", el Langui

"Imagine", John Lennon




"Baile da Paz", de Mamá Cabra. Incluída no CD A Bruxa Discordia (que podes atopar na biblioteca)



"A vida bela é", BSO de "La vida es Bella"



Ningún comentario:

Publicar un comentario