mércores, 17 de xaneiro de 2018

NO CEIP HUMBERTO JUANES DICIMOS NON AO ACOSO ESCOLAR!

Ola compas! este mes de xaneiro remata cunha festa moi importante: o día da Paz. Este ano no cole tomámonos a paz máis en serio que nunca. Non queremos que nin 1 só rapaz da escola o pase mal. Por iso durante estas dúas semanas estaremos aprendendo o que é o acoso escolar, tamén o que non é. Exploraremos os sentimentos. Poñeremos no lugar dos que o pasan mal e denunciaremos TODAS  as conductas que vexamos que fan pasar mal aos nosos compañeiros da escola.
Ademais o alumnado de 5º fará un labor de superheroe axudando e titorizando ao alumnado de 3º. Na páxina web do cole tedes moita información sobre este programa que poñemos en marcha no cole e que se chama Titoría Entre Iguais: QUE É O TEI?  


Aquí podedes ver algúns videos que vos farán aprender sobre este tema. Pouco a pouco todos seremos conscientes de que non podemos facer que ninguén se sinta mal e teremos que ser valentes facendo saber aos adultos quen fai que algún compañeiro o pase mal.

ENTRE TODOS CONSEGUIREMOS QUE O NOSO COLE SEXA UN ESPAZO LIBRE DE BULLYING!













Ningún comentario:

Publicar un comentario