venres, 23 de abril de 2021

7º RETO QUE NOS PODES CONTAR DA CATEDRAL?

Ola compas! 

Xa estamos chegando ao final do noso camiño, por ese motivo o último dos retos que vos pronoñemos é unha investigación sobre a Catedral de Santiago de Compostela, teredes que facer un pequeno estudo sobre algunha das súas obras (como o botafumeiro, o pórtico da gloria...), partes que a conforman... Serán todas expostas aquí, e como non, pasarase a selar a compostelana da vosa clase para así facer un bo fin de Camiño.

Os traballos serán entregados ás titoras, deben estar en galego e o formato pode ser o que queirades.

Pasaremos a recollelos o día 24 de maio.

Ánimo peregrin@s que chegamos a Santiago!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario