martes, 26 de abril de 2016

UN CABALO NA ESCOLA!! GRAZAS, ALEJANDRO!!

Hoxe visitounos Alejandro Nande e Poca Pena....


Alejandro Nande Iglesias naceu en Nigrán fai 36 anos cunha visión reducida, ata un 80% de afectación,  pero isto non lle impide en ningún momento deixar a súa paixón...os cabalos.  Práctica e compite en doma clásica  e da clases de hípica. Proclamouse campión de España na modalidade de doma clásica en cabalos de máis de 5 anos. O seu obxectivo é chegar aos seguintes xogos olímpicos.  Poca Pena, o seu cabalo lusitano, ten sete anos e é o seu fiel compañeiro de viaxe.

Alejandro cursou os seus estudos no noso cole e ainda recorda con nostalxia e morriña os vellos momentos vividos no cole cós seus mestres daquela época (Don Benito, Dona Concha, Mª José, Humberto Juanes...). Recorda tamén como anédota que rodou algunha ocasión as escaleiras do cole por mor da súa visión reducida. Está moi orgulloso de ata onde chegou e seguirá loitando para facer o que lle gusta....os cabalos. Alejandro agardámoste pronto!!

1 comentario:

  1. Menuda sorpresa levamos os compañeiros/as de 1ºB cando miramos que había un cabalo no cole!! Gustounos MOITÍSIMO!!! Que ben o fixo o xinete!! Mesay di "Espero que volva ao cole" -Yeray di "A ver se podemos ver alguna competición del. Boa sorte e esperamos que gañes!!"

    ResponderEliminar