xoves, 14 de abril de 2016

UNHA ESCOLA, UN MUNDO

Ola,
A semana do 18 ao 22 de abril está cargadiña de actividades! Pero non como as que facemos todos os días, non. Serán DIVERSAS. Máis concretamente... MUNDIALMENTE DIVERSAS! CULTURALMENTE DIVERSAS!
Non me explico nada ben. A ver, que vos conto.
Dende setembro estamos descubrindo no cole que todos somos diferentes: diferentes no noso aspecto físico, na nosa maneira de pensar e de facer as cousas, nas nosas capacidades e formas de ver e interpretar o que nos rodea. Diferentes sentimentos, diferentes  familias, diferentes formas de querer e amar, diferentes idades... e a través destas diferenzas, que nos fan únicos e xeniais, facémonos tolerantes, respetuosos e decatámonos de que podemos aprender moito de todos os nosos compañeiros e compañeiras. 
E precisamente para aprender, entender e tolerar, moitas familias do cole que naceron ou viviron no estranxeiro, durante esta semana virán á escola a compartir un pouco da súa historia, da súa cultura ou da súa lingua. Cociñaremos, bailaremos, cantaremos e escoitaremos. 
Temos que agradecer ao ANPA e a todas as familias colaboradoras o seu tremendo esforzo para que todos poidades gozar desta... SEMANA DA MULTICULTURALIDADE



Hoxe venres 15, despois do recreo Elisa e Bibi, representantes das nais e pais do cole, presentarannos unha gran  bola do mundo para que saibamos que países coñeceremos un pouco máis a fondo. 

Xunto con esta carta tamén recibistes algún libro nunha mochila azul que seguro vos deu algunha pista do que tiñamos preparado. Robiño non esquece que o día 23 é o día do libro, que este ano estará adicado no noso centro aos libros de diferentes culturas que temos na biblio. Podedes lelos nas horas de ler esta semana e intercambialos con outras clases cando os rematedes. 

Que o pasedes ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario