luns, 21 de outubro de 2024

OBRADOIRO NA BIBLIOTECA

 OBRADOIRO DAS PLANTAS MEDICINAIS DE “UN PASEO POR NIGRÁN” NO COLEXIO HUMBERTO JUANES



 Con motivo da Semana da Medicina Natural e no marco do Mes das Bibliotecas, a Biblioteca do Colexio Humberto Juanes e a escritora Soledad García convídanche a participar nun obradoiro familiar especial para descubrir e identificar as plantas tradicionais que aparecen no libro "Un paseo por Nigrán". 

A escritora, autora de "Herbario do Solsticio", guiará nunha viaxe polo mundo de moitas das plantas medicinais que podemos cultivar nos nosos balcóns e xardíns. A través dun xogo de identificación, combinado con proverbios, refráns e expresións populares, aprenderemos a recoñecer estas plantas e a comprender o seu valor como parte esencial do noso patrimonio cultural. O obradoiro é gratuíto e está dirixido ao público familiar, nenas e nenos acompañados dun adulto. 

"O máis especial é que non só aprenderemos, senón que tamén construiremos coñecemento xuntos! Invítámoste a traer un refrán, receita ou dito popular relacionado cunha planta medicinal, transmitido na túa familia. A través do intercambio de sabedoría familiar, todas e todos enriquecémonos e contribuímos a preservar e compartir estes saberes tradicionais que forman parte da nosa identidade." 

Día: Venres, 25 de outubro de 2024 Horario: 16,00 h a 17,15 h 

Lugar: Biblioteca Colexio Humberto Juanes, Nigrán. 

Inscrición: Para garantir a organización do espazo e o control do aforo, rogamos cubrir unha inscrición por cada participante. 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScaUUGPh-7sFqlYl6888f0liOHz_7F1Z-dU6ocV0MQy4m76FA/viewform?pli=1

Moitas grazas pola túa colaboración! 

Agardámoste! 

Vive unha experiencia de conexión coa natureza e a cultura no Colexio Humberto Juanes de Nigrán!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario