mércores, 16 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS 2024

 O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

O martes 15 de outubro tivo lugar na biblioteca do cole unha charla en homenaxe ás mulleres escritoras co alumnado de 5º de primaria. 
Soledad García, nai dunha alumna deste nivel, foi a encargada de presentar a súa andaina como escritora e dar un percorrido das mulleres na arte escrita. 
A sesión terminou cunha canción dun dos seus audiolibros adicados aos  animais.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario