mércores, 9 de novembro de 2016

XA TEMOS PADRIÑOS E MADRIÑAS!

Este curso unha das novidades de Bibliorobiño son os apadriñamentos. Si, si, liches ben. Os que estades en 3º, 4º, 5º ou 6º sodes padriños ou madriñas de nenos e nenas que están en cursos inferiores. Esto quere dicir que este curso os visitaredes con frecuencia para facer actividades diferentes como ir á cociña, á horta da escola e para compartir libros e historias.
Esta semana xuntarédevos todos para compartir algunha actividade lectora. Xa nolo contaredes!


5ºB e 2ºB, padriños e apadriñados lectores

1 comentario: