Xa non podiamos esperar máis. O día das Bibliotecas, o 24 de outubro, é a mellor das escusas para reabrir a nosa biblioteca por todo o alto! O venres fixemos unha gran festa-convivencia onde Robiño, despois de presentarnos a Brecoliño e Cenoria, deunos a cada aula unha caixa chea de agasallos lectores: as mochilas vixeiras, novos carnets para todo o alumnado, libros, información para ler coas nosas familias, carnets de club de lectura e unhas semillas que tiveron un significado moi especial.
Este ano os pequenos do cole, ata 2º, teñen por padriños e madriñas aos nenos e nenas maiores, dende 3º. o venres coñecímonos no patio e compartimos un rato xogando e coñecéndonos. a partires de agora os acompañaremos en algunhas actividades e LEREMOS XUNTOS!!!
Moitas grazas a Radio Vilameán por darnos voz e estrenar proxecto con nós! Sodes a mellor radio de todo Nigrán!
Aquí están algunhas fotos deste día que da comezo a un curso de boas lecturas e grandes descubrimentos e aprendizaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario