Este ano no cole estamos tendo a gran honra de recibir a grandes deportistas de élite na nosa escola.
A primeira atleta en visitarnos foi Susana Rodríguez, deportista viguesa de 25 años, cunha cegueira do 95%. Rematou Fisioterapia e Mediciña. É doble campiona mundial de duatlón e ouro en triatlón e, na actualidade, aspira a competir nos xogos Paralímpicos de Río 2016.
O Día mundial da discapacidade recibimos no centro a XOGADORES DE BALONCESTO DO AMFIV. Podedes visitar o a súa páxina web no seguinte enlace: http://www.cdamfiv.com/.
Ademais os compañeiros de terceiro ciclo entrevistaron para Radio Vilameán a Bernabé Costas, un dos xogadores que ademais forma parte da Selección Española de Baloncesto en silla de rodas, que participa nos Xogos Paralímpicos .
Esta semana tocoulle o turno ao campeonísimo paralímpico CHANO RODRÍGUEZ. Na páxina web do cole tes toda información deste nadador paralímpico que ten máis de 35 medallas en difernete competicións deportivas por todo o mundo, ademais de ingresar no 2009 na Real Orde do Mérito Deportivo coa categoría de Medalla de Ouro. Aí é nada.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceiphumbertojuanes/. Tamén atoparás na nosa web as entrevistas, fotos e vídeos das súas visitas.
Moitas grazas aos tres por vir, por aprendernos tantas cousas e facernos mellores persoas!
Esperámosvos outra vez no cole e que o voso exemplo chegue moi lonxe!
Se che gustaron estas visitas e queres saber máis sobre o Xogos Paralímpicos ou de súper deportistas que se superan a si mesmos e rompen barrira recoméndoche os seguintes libros:
Aqueles que tivestes a sorte de estar con eles facede os vosos comentarios. Que foi o que máis vos impactou? Contestou o que esperabades á vosa pregunta?
Ola eu son Antia de 4º e quería dicirvos que Chano encantoume.É un campeón porque nadou 25 horas sen parar!!!!!!!
ResponderEliminar