Como xa sabedes dende o pasado venres día 19 e ata o día 8 de marzo podedes participar no concurso de BIBLIOROBIÑO.
Deixa voar a túa imaxinación e deseña unha cabeceira para o noso blog. Lembra que é un concurso de expresión artística e que aceptamos calqueira técnica que querades usar: collage, debuxo, fotografía, plastilina... A nosa recomendación é que te mergulles nas redes e busques diferentes fontes de inspiración ata atopar a túa idea e poñerte traballar nela.
Tedes moito tempo para facer un estupendo traballo! Estou desexando ver as vosas creacións!
Mentres... non esquezades as bases, que as podedes consultar aquí. Pincha na foto para velas máis grandes.
MOITA SORTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario