O xoves en BIBLIOROBIÑO a información non chegou en forma de libro, non chegou por internet, non informou unha enciclopedia, non, non. A información chegou en forma de telexornal, en vivo e directo, con presentadores e reporteiros de carne e óso, nada máis e nada menos.
O alumnado de 1ºB informounos da situación que viven nestes momentos nenos e nenas dalgunhas partes do mundo. Os presentadores ían introducindo aos reporteiros, que entrevistaban aos pequenos de diferentes nacionalidades. Aprendimos que nalgúns países os nenos e as súas familias son nómadas, que noutros non poden ir á escola por ir traballar ou axudar na casa, ou que nalgúns lugares teñen que percorrer longas distancias para coller a auga necesaria para beber, cociñar ou asearse.
Para rematar a función todos xuntos cantaron unha cantiga en swahili, un dos idiomas de Kenia, en África.
O alumnado de 4 e 5 anos, máis os nenos de 2ºA foron os afortunados espectadores.
Noraboa, campións!
Gustouvos? Gustaríavos ter asistido? Pois se queres saber máis do tema podes atopar moita información nos libros de diferentes culturas na exposición dos libros da Paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario