sábado, 13 de febreiro de 2016

O ENTROIDO MOVE O CORPO, E OS LIBROS MOVEN O MUNDO!!!

Ola rapaces! 

Xa vos vin a todos disfrazados polo Entroido. Estabades guapísimos e guapísimas, impresionantes!! Tamén vin ao meu amigo Lorenzo na xaula do león. Espero que estea ben!! Dicídeme algo!

Nada máis vervos recordei a de libros que teño en Bibliorobiño para aprender cousas dos países e culturas das que iades disfazados: romanos, mexicanos, exipcios, tribus africanas, cultura chinesa, indíxenas americanos, hawaianos... xente do mundo de agora e de antes! Un festival de mestizaxe onde tampouco faltaron os nosos peliqueiros galegos. 

Por iso agora podedes ver unha selección de libros de culturas do mundo na zona de exposicións temporais. Os libros están organizados por continentes e tamén podedes atopar moitos xerais, de todo o mundo, e atlas para poder localizar o que aprendades.

O MUNDO É DIVERSIDADE!




2 comentarios:

  1. Robiño, encánanos eses libros. Xa collemos varios ara casa. Os nenos e nenas de IºB din "son moi ineresanes, bonios, arendemos moias cosas do mndo, as foos son imresionanes..." n amigo da nosa clase nace en África, e nha amiga en Asia. XENIAL¡¡¡¡ Moias grazas olos libros¡¡¡ ----lºB

    ResponderEliminar
  2. Ola Robiño.Somos a clase de 1ºA.Estamos moi agradecidos por este blogue e polos contos tan divertidos que nos deixas.Na nosa clase xa limos o libro de cultura chinesa e agosa estamos co da India...son moi interesantes.
    Grazas por todo!!
    moitos espachurres de 1ºA
    Abur

    ResponderEliminar