O 21 de outubro, coincidindo co día da inauguración de BIBLIOROBIÑO, pola tarde tivo lugar o 1º contacontos da temapada, presentando ás familias o tema que estamos a traballar: A DIVERSIDADE.
Os libros escollidos teñen por protagonistas a persoaxes especiais: unha elefanta que quere transguedir unhas regras bastante absurdas, un ratiño poeta e un paxaro inventor que comparte os seus inventos para mellorar a vida a todos os seus amigos.
Xa sabedes cales son os contos?
Moitas grazas a todos pola vosa asistencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario