Cantas novidades nos truouxo BIBLIOROBIÑO este ano. O día da inauguración non no lo podíamos crer! Foi moi divertido.
Radio vilameán fixo unha entrevista en directo no patio a Marta, a coordinadora de BIBLIOROBIÑO este ano. Ahí xa nos presentou algunha novidade.
Cando rematou o recreo comezou a FESTA DE INAUGUACIÓN!!! Robiño escondeunos unha carta a cada curso do cole. Ao final estaban nas árbores que apadriñamos a curso pasado. Cos nosos titores e titoras limos a carta e fixemos un puzzle que a acompañaba. Era a portada dun libro.
Este curso cada aula está a traballar un tema da diversidade a través dos libros e outros recursos da biblioteca. O puzzle que fixemos, que temos pegado na porta da aula é unha pista para que todos saibades o que estamos a investigar. Xuntos aprenderemos moito e compartiremos os nosos coñecementos coas demáis aulas do centro.
Para rematar a festa, antes subir ás aulas, canatamos o noso himno para este ano: EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN, que podedes atopar no libro-cd MARÍA FUMAÇA, XIQUI XOQUE, FIU FIU
Aquí tedes unha fotos dese día e os nosos libros da DIVERSIDADE!
INAUGURACION BIBLIO 15-16 - Kizoa Movie Maker
P:D: Pois si, clase de 2ºB, faltábanos o voso libro. Aquí o está.
Que actividade tan bonita e interesante.
ResponderEliminarOs contos das aulas teñen tanto para traballar... :)
Irene
Gracias Irene
EliminarRobiño!!! Falta o noso libro "Artur e Clementina"
ResponderEliminarAlumnado de 2ºB. Non pasa nada, perdonámoste o despiste.