Hoxe tivemos o gran pracer de ter na nosa biblioteca á gran contacontos Raquel Queizás dramatizándonos uns contos moi especiais que tratan a temática feminista e que intentan facer pensar ao alumnado e que vexan a importancia de considerarnos a todos e todas iguais e tamén outro para traballar o acoso na escola.
Esta actividade está organizada desde o Concello e o CIM de Nigrán coa axuda dos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Ata o próximo conto!!! 💜😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario