martes, 24 de xaneiro de 2023

CERTAME VÍDEO-LITERARIO "OLLO CON NIGRÁN"

 


Dende SomosTerra e Teatro do Ar colaboramos de novo para crear co concello de Nigrán un mes de Marzo moi especial, con moitas actividades que unirán o teatro🎭 e a natureza🐛🐝🌳.

A primeira actividade é a creación dun Certame Vídeo-Literario🎬🎥📖: Ollo con Nigrán para potenciar a creación artística en lingua galega, divulgar a gran riqueza natural do noso municipio e facernos reflexionar sobre a importancia de coidala.


O certame consta de tres categorías:
-Categoría Estelas: Nenos e nenas de Nigrán nadas no ano 2011 ou posteriores.
-Categoría Lourido: Mozos e mozas de Nigrán nadas entre o ano 2005 e 2010.
-Categoría Monteferro: Persoas nadas antes do ano do 2005.

Haberá tres premios de 200 €, 100 € e 50 € para os tres primeiros clasificados na categoría de adultos, de 100 €, 75€ e 50€ nas categorías infantil e xuvenil e un premio de 200 € para o centro educativo máis participativo.  Todos eles para gastar no comercio local.

Anímaste a participar? Tes de prazo ata o 5 de Marzo ás 00:00.


BASES PARA PARTICIPAR:
 

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario