Para os nenos e nenas de 5º A foi un orgullo poder entrevistar a Javier Pitillas e a súa compañeira en varios camiños Mónica.
Dende o 2009 xurdiu o xerme do que agora é Discamino. Para que esa idea fose un proxecto e se puidese facer un camiño a Santiago, foi necesario entusiasmo, ganas, bicicletas adaptadas e alguén como Javier Pitillas que nunca di que non. Os retos deben ser superados e cumpridos. O sarxento da Policía Local viguesa Javier Pitillas puxo en marcha unha serie de proxectos en diferentes rutas a Santiago para persoas con discapacidade, nun exemplo de superación, integración, solidariedade e eliminación de todo tipo de barreiras. Pitillas ten unha medalla Castelao; é Vigués distinguido e recibiu, de mans da raíña Letizia, a Orde do Mérito Civil. Agora, a Xunta propón a Javier Pitillas e a Discamino para o "Princesa de Asturias" da Concordia polo "seu extraordinario traballo solidario"
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiphumbertojuanes/node/373
Ningún comentario:
Publicar un comentario