xoves, 8 de marzo de 2018

8 DE MARZO.DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Como xa sabedes hoxe, 8 de Marzo, é o Día da Muller Traballadora....Pero...algún de vós sabe por que celébrase este dia? Pois aquí tedes unha breve explicación...

Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreras textiles tomou a decisión de sair ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres nun incendio nunha fábrica de Sirtwoot Cotton. Este desastre fixo qque se produxeran cambios lexislativos importantes en temas laborais e provocou a creación do Sindicato Internacional de Mullerres Traballadoras Textiles.
No noso cole tamén imos ter presente este Día conmemorando a mulleres galegas pioneiras en algún deporte, traballo...Asistiremos a unha exposición e un visionado de video no Concello onde se falarán de distintas mulleres que deixaron pegada. Entre elas temos a 3 persoas moi preto e que todos e todas vós coñecedes ben. Sabedes a quen me refiro??

As mestras: Cristina, Carmen Pose e María Palomero.

A MESTRA CRISTINA 

A mestra Cris é unha pioneira en España e Europa. Estivo 19 anos entre a élite da arbitraxe mundial. Foi a primeira  muller en chegar á liga Asobal e tamén a primeira en dirixir un partido europeo. E  fíxoo nunha época onde non era tan doado codearse entre os mellores sendo muller. En 1988 chegou á máxima categoría do Balonmán Nacional e, en 1991, convertiuse na primeira  muller internacional.
Conta cunha larga lista de partidos imternacionais, Campeonatos do Mundo, Europeos, Liga de Campeón, Supercopas de Europa....
Un largo currículo ao alcance de moi poucos colexiados no mundo.


A MESTRA CARMEN POSE

A mestra Carmen foi xogadora de Badminton e entrenadora do Clube de Badminton de Nigrán , desde o ano 84 ata o 90.
Algúns xogadores deste clube foron á Selección Galega e Española de Badminton e nas Provincias prácticamente  gañábano todo!!

Moitos pais que teñen fillos no noso cole foron xogadores no  Clube.



A MESTRA MARÍA PALOMERO

A mestra María foi pioneira nun deporte que se practica  moito nesta zona: O surf

Neste enlace podedes ver como comezou a súa andaina surcando as ondas, vai ás páxinas 30-36:








Ningún comentario:

Publicar un comentario